POLÍTICAS SOCIAIS

En marcha unha campaña de sensibilización sobre as persoas migrantes e refuxiadas

16/11/2015

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou xunto con Lorena Seijo, da Asemblea de Cooperación pola Paz, unha campaña que se porá en marcha nos meses de novembro e decembro para sensibilizar sobre as persoas refuxiadas e migrantes. O obxectivo pasa por utilizar a riqueza e a diversidade cultural dunha forma construtiva, reforzando as imaxes positivas; previr o discurso do odio; garantir o coñecemento por parte da poboación galega sobre os fenómenos migratorios desde un enfoque de dereitos humanos.

Ler máis

MOCIDADE E BENESTAR ANIMAL

Convocado o I Certame de Creación "Un animal non é un xoguete"

16/11/2015

Regalar unha mascota por Nadal non sempre é unha boa idea. Baixo esa premisa, a Concellaría de Mocidade e Benestar Animal vai poñer en marcha unha campaña de concienciación para que a cidadanía sexa responsable á hora de facer os seus agasallos. O primeiro paso é a convocatoria do I Certame de Creación "Un animal non é un xoguete", que servirá para elixir o cartel que ilustrará a posterior campaña.

Ler máis

LINGUA

O alcalde reivindica o papel histórico de Compostela na normalización do galego

16/11/2015

O alcalde inaugurou esta mañá o Encontro de Política Lingüística Municipal, que organiza a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua no Auditorio de Galicia. Na súa intervención, Martiño Noriega reivindicou o papel de Compostela como capital da lingua, "o noso máis prezado ben colectivo, aquilo que nos une como galegas e galegos".

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago saca a concurso a renovación da cuberta e das fachadas sur e oeste da igrexa da Orde Terceira Franciscana

16/11/2015

Unha vez recibidas as correspondentes licencias por parte do Concello e dos servizos de protección do Patrimonio da Xunta de Galicia, o Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso a renovación da cuberta e das fachadas sur e oeste da igrexa da Orde Terceira Franciscana. O templo está integrado no conxunto do convento de San Francisco, declarado Ben de Interese Cultural en 1896. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 7 de decembro.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Mustang", "John From" e "Il Racconto dei Racconti", as estreas do martes en Cineuropa

16/11/2015

No pasado festival de Cannes, a cineasta Dennis Ganze Ergüven conquistou o público con Mustang, cine denuncia de potente mensaxe de emancipación feminina. O filme foi Espiga de Prata na pasada Seminci, mellor película en Sarajevo, premio do público en Sevilla e candidata, xunto a Mediterranea e The Lesson (Urok) ao Premio LUX que outorga o Parlamento europeo. Afora o filme chega a Cineuropa, cunha primeira exhibición este martes 17, ás 20:00 horas, no Teatro Principal. Logo da proxección abrirase un debate sobre...

Ler máis

CONCENTRACIÓN

Concentración no Obradoiro de condena polos atentados terroristas de París

14/11/2015

A Praza do Obradoiro acolleu este mediodía unha concentración de condena polos atentados terroristas da pasada noite en París, que lle custaron a vida a máis de 120 persoas. O alcalde compostelán, varios concelleiros da Corporación municipal, membros do Goberno da Xunta, representantes de distintas formacións políticas e o reitor da Universidade de Santiago gardaron uns minutos de silencio en memoria das vítimas, portando uns carteis nos que se podía ler o lema oficial da República Francesa: Liberté,...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello mantén o seu compromiso coa Asociación de Municipios do Camiño

14/11/2015

O Concello de Santiago mantén o seu pleno compromiso coa Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, constituída en Burgos o pasado 10 de novembro. Malia non asistir ao acto de presentación da mesma por coincidir coa data inicialmente prevista para o Pleno ordinario de novembro (solicitado para esa data polo PP e finalmente celebrado o 9 a petición do PSOE e rematado ás 18:00 horas) Santiago de Compostela, como unha das cidades promotoras desta Asociación, seguirá participando na mesma e nas súas actividades.

Ler máis
Compartir: