ALCALDÍA

O alcalde reunirase o vindeiro 26 de abril co ministro de Fomento para abordar as infraestruturas pendentes na cidade

11/04/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reunirase o próximo 26 de abril co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para analizar a situación na que se atopan as infraestruturas pendentes na cidade. A xuntanza foi fixada esta mañá en resposta á petición que fora formulada desde o Concello o 14 de novembro de 2016, e reiterada o pasado 4 de abril.

Ler máis

TURISMO

As Cidades Patrimonio promociónanse en Portugal

10/04/2017

O Grupo Cidades Patrimonio promocionou as 15 cidades que forman a rede no mercado emisor portugués a través da feira de turismo Mundo Abreu, que se celebrou este fin de semana en Lisboa, no recinto FIL Feira Internacional de Lisboa do Parque das Nações.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local amplía as áreas de actividade con reservas para centros especiais de emprego e empresas de inserción

07/04/2017

A Xunta de Goberno acordou hoxe ampliar as áreas de actividade nas que o Concello pode facer reserva de contratos a centros especiais de emprego e empresas de inserción. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que o Goberno quere "darlle prioridade a este tipo de centros, por riba das grandes empresas, á hora de adxudicar determinados servizos".

Ler máis
Compartir: