ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reuniuse coa secretaria de Estado de Inmigración e Emigración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón i Cusí.
CONSORCIO
O Consorcio restaurará o relevo da Borriquiña en San Paio de Antealtares
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, vai iniciar o proceso de recuperación do espazo coñecido como Porta dos Carros, no ángulo surleste do mosteiro de San Paio de Antealtares, no que se atopa o retablo pétreo da Borriquiña, conxunto escultórico recoñecido e moi querido entre os veciños da Cidade Histórica.
ALCALDÍA
O alcalde marca o prazo dun mes para unha resposta definitiva sobre o voo a Bruxelas
"Plantexámoslle a Ryanair que necesitamos un mes para tomar determinadas decisión", indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, en relación á proposta desta compañía para unha conexión de Lavacolla con Bruxelas. Á vista da negativa dalgúns axentes sociais da cidade a achegar o 25% do custo desta liña, decidiu abrir un prazo dun mes no que se estudará "calquera alternativa" que se poida presentar.
EDUCACIÓN
O programa "Gotagotham" concienciará aos escolares sobre a importancia da auga
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e a directora da zona centro de Aquagest, Paula Piñeiro, presentaron o proxecto educativo Gotagotham. Esta iniciativa pretende concienciar aos escolares de 2º, 3º e 4º de Primaria sobre a importancia da auga e fomentar unha actitude positiva cara o medio ambiente.
XUNTA DE GOBERNO
Convenio con Boqueixón para o abastecemento de auga en Marrozos
A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e o de Boqueixón para o abastecemento de auga potable á zona de Marrozos. Na mesma sesión deuse o visto bo ao convenio que materializa a achega autonómica en virtude do Estatuto de Capitalidade.
MEDIO AMBIENTE
O Parque de Belvís conta xa cunha renovada área de xogo para os máis pequenos
Os alumnos e alumnas dos colexios Vilas Alborada e Compañía de María foron os protagonistas da estrea do novo parque infantil de Belvís, un equipamento que substitúe ao existente anteriormente, que xa se fora deteriorando pouco a pouco despois de máis de 12 anos de intenso uso. Tal e como comentou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, "o propio parque estaba a pedir en silencio a súa reposición e xa de viva voz estaba a ser unha demanda da veciñanza e usuarios da zona, así como das asociacións do...
XUVENTUDE
Xuventude pon en marcha o aulario do novo Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga con cursos formativos
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentou a posta en funcionamento do aulario do novo Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. Para o seu lanzamento, a Concellaría contou cun orzamento final de 90.942 euros (40.105 euros para o mobiliario e 50.837 euros para o material informático e audiovisual).