EDUCACIÓN
Ábrese o prazo para inscribirse no programa de conciliación de verán do Concello
Este xoves, 20 de xuño, abrirase o prazo de inscrición para o programa de conciliación de verán, que se desenvolverá do 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 10 de setembro no CEIP das Fontiñas. Haberá 70 prazas dispoñibles.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os escolares do CEIP López Ferreiro viron o documental "Shoots from Abyssinia" e conversaron co seu autor
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu no CEIP López Ferreiro á presentación do documental Shoots from Abyssinia, de Ovidio Fernández, e ao posterior coloquio co autor.
BENESTAR SOCIAL
Os participantes nas Aulas da Terceira Idade celebraron o fin de curso
A Asociación Cultural de Formación Permanente de Adultos (Ategal) celebrou o peche do curso 2012-2013 cun acto festivo no Colexio Maior San Agostiño. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu a este sesión de clausura, na que participaron todos os alumnos e alumnas das Aulas da Terceira Idade da sede de Santiago.
CIDADE HISTÓRICA
A Comisión Asesora do Casco Histórico autoriza as obras de restauración da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta dos asuntos tratados na Comisión Asesora do Casco Histórico, entre os que destacou a autorización das obras de restauración da fachada e das torres do Obradoiro da Catedral de Santiago. Esta obra terá unha duración prevista de 18 meses e un custo de 2,5 millóns de euros. Está previsto que a colocación das estadas comece despois das Festas do Apóstolo.
CULTURA
Marcos Pin Factor E-Reset pecha o ciclo 1906 Jazz na praza da Quintana
O ciclo 1906 de Jazz chega ao seu fin en Santiago de Compostela con Marcos Pin Factor E- Reset, que ofrecerán un concerto con entrada libre para todos os amantes do bo jazz, se o tempo o permite, na praza da Quintana, ás 19:30 horas. Por Compostela pasaron nomes como Joshua Redman Quartet, Ron Carter Trío, Roberto Fonseca, Jorge Pardo, Giulia Valle ou Nani García.
NOMENCLÁTOR
Comeza a colocación de 54 novas placas en rúas da cidade
O Concello procederá a colocar 54 placas en diversas rúas da cidade de recente denominación. A colocación destes distintivos comezará esta mesma semana.
EDUCACIÓN
Programa de conciliación de verán do Concello
Ábriuse un prazo de inscrición e matrícula no programa de conciliación de verán do Concello do 20 ao 26 de xuño. Este programa desenvolverase do 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 10 de setembro no CEIP das Fontiñas. Haberá 70 prazas dispoñibles.
FACENDA
Os orzamentos de 2013, listos para a súa aprobación definitiva polo Pleno
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, deu conta da reunión da Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Especial de Contas, na que se abordou a aprobación definitiva dos orzamentos municipais de 2013.
EDUCACIÓN
O Concello únese un ano máis á celebración do Día Europeo da Música con concertos en diversos espazos da cidade
O Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación e a rede de escolas de música de Compostela, súmase un ano máis ao Día Europeo da Música (21 de xuño) coa celebración de diferentes actos nas prazas, rúas, parques e institucións de Compostela. Participarán a Escola Municipal de Música, a Escola de Música Berenguela, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
EMPREGO
O obradoiro Santiago Impulsa formou a 37 persoas desempregadas en confección de páxinas web e carpintería
A concelleira de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, Reyes Leis, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, clausuraron no centro Sociocultural da Trisca o Obradoiro de Emprego Santiago Impulsa. Os participantes neste obradoiro realizaron unhas casetas de madeira que serán utilizadas en feiras e mercados organizados polo Concello.