EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Concellaría de Educación abrirá o 28 de novembro o prazo de inscrición e matrícula no programa de conciliación do Nadal

19/11/2015

A Concellaría de Educación e Cidadanía ten previsto realizar un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2015 (21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro 2015; e 4 e 5 de xaneiro de 2016). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver nas instalacións do CEIP As Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en Educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

Ler máis

TURISMO

Marta Lois participou na Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio

19/11/2015

A sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) acolleu este xoves a xuntanza da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A concelleira de Turismo, Marta Lois, participou na reunión xunto con edís das outras 14 cidades da rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Ler máis

TURISMO

As Cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse en Estados Unidos

18/11/2015

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre elas Santiago de Compostela, está a participar nas Xornadas de apoio á comercialización organizadas por Turespaña en California, que teñen lugar no Condado de Napa, xunto a San Francisco, e que consistiron nunha presentación e nun workshop con turoperadores de todo Estados Unidos. Neste caso trátase dunha acción orientada a operadores especializados en turismo cultural e enogastronómico.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Premio Cineuropa 2015 para Arturo Ripstein

18/11/2015

Mañá xoves, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, entregaráselle o Premio Cineuropa ao cineasta mexicano Arturo Ripstein. Tras a cerimonia proxectarase Profundo Carmesí, película dirixida por Ripstein en 1996. Á parte do premiado, contaremos coa presenza de Marisa Paredes, unha das actrices do filme. Ripstein foi recibido esta mañá na Casa do Concello polo alcalde da cidade.

Ler máis

LINGUA

Convocado o XVI Premio Manuel Beiras

18/11/2015

O alcalde presentou hoxe unha nova edición, a número XVI, do Premio Manuel Beiras de recoñecemento ao uso do galego no sector empresarial. O certame, convocado polo Concello e a Cámara de Comercio, cumpre un dobre papel: salientar o esforzo das empresas na normalización lingüística, e lembrar a figura de Manuel Beiras, un histórico comerciante compostelán e destacado loitador en prol da nosa lingua e a nosa cultura. Na presentación, Martiño Noriega estivo acompañado polo vicepresidente da Cámara de...

Ler máis

INNOVACIÓN

Santiago participa na Asemblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes

18/11/2015

O Concello de Santiago participou na Asemblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), que reuniu este mércores na Fira de Barcelona a representantes dos seus 65 municipios. Na reunión deuse conta do resultado do evento startup4cities 2015, celebrado o martes no marco do Smart City Expo World Congress. Nel, 18 emprendedores españois e portugueses presentaron os seus proxectos innovadores para mellorar a xestión e a calidade de vida da cidade, e varias cidades ofrecéronse para converterse en laboratorios urbanos onde...

Ler máis
Compartir: