CONVIVENCIA
A Semana da Prevención de Incendios chega á Alameda para sensibilizar a veciñanza e mostrar como reaccionar en situacións de emerxencia
Mostrar as claves para escapar dun incendio ou para usar mangueiras e extintores, ensinar a realizar unha reanimación cardiopulmonar, ou alertar sobre as principais causas das orixes dos lumes nos fogares. Son algúns dos obxectivos da Semana da Prevención de Incendios, organizada polo Servizo Municipal de Extinción de Incendios, a Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros. As actividades serán o luns e martes próximos, na Alameda.
PLENO
O Pleno aproba de forma definitiva o Plan especial de infraestruturas para a creación da plataforma loxística de mercadorías no Tambre
O Pleno da Corporación deu luz verde á aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a creación dunha plataforma loxística de intercambio de mercadorías no sistema xeral SU-3 (Tambre Norte). Nesta sesión extraordinaria tamén se aprobou a conta xeral do ano 2022.
CAPITAL CULTURAL
A Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2023 celebrarase do 23 ao 28 de outubro no Teatro Principal de Santiago con cinco proxeccións baixo o lema "Ninguén está a salvo"
A Fundación Araguaney-Puente de Culturas presentou hoxe a vixésima primeira edición da Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2023 no hotel Eurostars Araguaney de Santiago. No acto participaron o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e director da Semana de Cinema Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez; a concelleira de Capital Cultural do Concello de Santiago, Miriam Louzao; e o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O novo parque infantil da praza de León abrirá ao público mañá, xoves 12 de outubro
As cativas e os cativos da Pontepedriña contarán dende mañá cun novo parque para o seu desfrute na recentemente remodelada praza de León. O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, asistiu esta mañá á sinatura da acta de recepción obra, trámite previo á apertura do novo equipamento.
ALCALDÍA
A alcaldesa reúnese coa directiva da Área Empresarial do Tambre
A alcaldesa Goretti Sanmartín e a tenente de alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, María Rozas, mantiveron unha reunión coa directiva da Asociación Área Empresarial Polígono do Tambre para analizar a situación do edificio do Biopolo Sionlla. Neste encontro estiveron, por parte da Asociación Área Empresarial Polígono do Tambre, José Fernández Alborés, Flor Mariño, Manuel Nieto e José Manuel Beceiro.
CAPITAL CULTURAL
‘La isla del Aire’ esgota as localidades para a representación deste venres no Auditorio de Galicia
A montaxe teatral dirixida por Mario Gas con texto de Alejandro Palomas abre a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura no segundo semestre. Núria Espert, Vicky Peña,Teresa Vallicrosa, Claudia Benito e Candela Serrat conforman o elenco da peza
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor coa Gobernanza como eixo central
A Gobernanza é un eixo transversal ao longo da Axenda Urbana 2030, que ten por obxectivo promover a participación social e cidadá sobre as cuestións de interese para a veciñanza.
EMPREGO
Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade aumentada en espazos emblemáticos de Santiago
Durante os próximos 12 meses, 16 mozos e mozas menores de 30 anos recibirán formación nas especialidades de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. Será grazas ao programa de emprego Appventures, que hoxe inaugurou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, nun acto celebrado na Praza de Abastos no que tamén participou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.
CAPITAL CULTURAL
O Auditorio de Galicia inaugura unha nova edición do Ciclo de Lied co programa ‘Mozart ao teu carón’
O Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago de Compostela coa coordinación artística da asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e coa colaboración da Deputación da Coruña, bota a andar unha nova edición este mércores 11 de outubro no Auditorio de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Volven as Xornadas Micolóxicas ao CSC de Conxo
O Concello de Santiago e a asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo colaboran, un outono máis, na celebración das Xornadas Micolóxicas de Conxo. O concelleiro Xan Duro e o experto en micoloxía, José María Costa Lago, presentaron hoxe as actividades, que se desenvolverán os próximos días 13 e 14 de outubro.