EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ampliado ao 10 e 11 de setembro o programa municipal de conciliación

19/06/2018

A Xunta de Goberno do 10 de agosto acordou ampliar dous días máis o Programa de Conciliación do Verán, que mantén o Concello coa empresa Actividades Lúdicas de Galicia SL. Así, o programa terá lugar tamén os días 10 e 11 de setembro dado o cambio que se produciu no calendario do vindeiro curso escolar.

Ler máis

TURISMO

A praza de Mazarelos celebra San Xoán con música, gastronomía, obradoiros e o lume sagrado do Pico Sacro

19/06/2018

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron o programa da terceira edición do programa festivo de Turismo de Santiago para potenciar o atractivo turístico da noite de San Xoán na cidade, que se celebrará a fin de semana do 22 ao 24 de xuño na praza de Mazarelos.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Máis orzamento e trámites simplificados nas bolsas de comedor, actividades extraescolares e compra de material escolar

18/06/2018

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde presentou hoxe a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar a realización de actividades extraescolares. Concha Fernández salientou que "de cara ao próximo curso incrementouse novamente a dotación orzamentaria das axudas, ata 586.000 euros, e volveuse apostar pola simplificación dos trámites para que as familias non teñan dificultades para optar ás bolsas". O prazo para presentar as solicitudes...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Compostela, escenario da primeira "Silent Wifi Music Experience" dentro das Xornadas de Música Contemporánea

18/06/2018

Un concerto anovador, unha experiencia multisensorial suxestiva e íntima, unha viaxe cun piano silencioso... No silencio da noitiña, un piano de cola Yamaha equipado coa novidosa tecnoloxía Silent, audible a través de auriculares wifi, ofrece unha experiencia única para o público, que pode percorrer libremente nun radio de 500 metros inmerso nun microcosmos auditivo. Iso é a Silent Wifi Music Experience que se celebrará por primeira vez no Estado español, este mércores en Compostela, dentro das Xornadas de...

Ler máis
Compartir: