DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Marta Lois asiste ao peche do proxecto de aprendizaxe e servizo realizado en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas

18/07/2018

A Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois acudiu hoxe ao acto de peche do proxecto de aprendizaxe-servizo Universidade, sociedade e desenvolvemento. A aprendizaxe-servizo no eido do desenvolvemento local, no que estivo acompañada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; pola decana da Facultade de Ciencias Económicas, Emilia Vázquez, e polo profesorado a cargo do proxecto.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e a USC colaborarán no desenvolvemento do proxecto Smartiago de compra pública innovadora

17/07/2018

A Universidade de Santiago vai colaborar co Concello no desenvolvemento na iniciativa Smartiago, de fomento da compra pública innovadora. Así se recolle no convenio asinado hoxe polo alcalde, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Antonio López. O proxecto, financiado na súa primeira fase con máis de cinco millóns de euros de fondos europeos, procura solucións innovadoras na prestación de servizos públicos como a recollida e tratamento de residuos, a mobilidade e a iluminación pública.

Ler máis

FESTAS

Compostela volve poñer en valor o traxe galego nas festas do Apóstolo

17/07/2018

As festas do Apóstolo volverán reservar unha xornada para poñer en valor o traxe galego e, con el, a nosa cultura. Será o sábado 21 de xullo cando as rúas de Santiago se enchan de persoas ataviadas coa indumentaria tradicional, nunha das citas máis agardadas cada ano na programación dos festexos.

Ler máis

FESTAS

O pregón de Nerea Barros abre mañá 14 días de festa no Apóstolo 2018

17/07/2018

Mañá mércores comezan as festas do Apóstolo, 14 días de celebracións marcadas pola elevada presenza de artistas femininas. De feito, na primeira xornada dos festexos as protagonistas son dúas mulleres: Nerea Barros, pregoeira deste Apóstolo, e Bette Smith, que ofrecerá o primeiro concerto das festas, na Praza do Obradoiro.

Ler máis

ALCALDÍA

El Ayuntamiento y la USC colaborarán en el desarrollo del proyecto Smartiago de compra pública innovadora

17/07/2018

La Universidad de Santiago va a colaborar con el Ayuntamiento en el desarrollo en la iniciativa Smartiago, de fomento de la compra pública innovadora. Así se recoge en el convenio firmado hoy por el alcalde, Martiño Noriega, y el rector de la USC, Antonio López. El proyecto, financiado en su primera fase con más de cinco millones de euros de fondos europeos, busca soluciones innovadoras en la prestación de servicios públicos como la recogida y tratamiento de residuos, la movilidad y la iluminación pública.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Iniciado o procedemento de licitación da oficina técnica do proxecto Smartiago

13/07/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación do servizo da oficina técnica do proxecto Smartiago. O contrato terá un tipo de licitación de 565.000 euros, IVE incluído. Desa cantidade, o 80% procederá de fondos europeos FEDER. O proxecto Smartiago baséase no fomento da compra pública innovadora, e o Concello de Santiago ten captados cinco millóns de euros para o programa, en virtude do convenio asinado co Ministerio de Economía.

Ler máis
Compartir: