CULTURA
Cineuropa acolle a presentación en Galicia do documental "Señora de"
Hai apenas dúas semanas, o equipo de Señora de retornaba da Seminci cun galardón debaixo do brazo. O documental producido por O Raio Verde e dirixido por Patricia Ferreira obtivo en Valladolid o terceiro premio da sección Tempo de Historia, na que o festival acolle os filmes de non ficción de natureza histórica. O filme muda de festival e desembarca en Cineuropa para celebrar a súa estrea en Galicia.
ALCALDÍA
A bo ritmo as obras da rúa do Olvido e do núcleo da Canteira, dúas das actuacións máis complexas das amparadas polo FEIL
Dúas das obras en marcha no marco do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL), a do núcleo da Canteira, en San Lázaro, e a da rúa do Olvido e do seu contorno, marchan a bo ritmo, co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2009. O alcalde compostelán visitou estas dúas obras.
CIDADE HISTÓRICA
As obras de reurbanización no ámbito do Cruceiro do Gaio crearán un novo acceso peonil cara o Carme de Abaixo
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago, Olga Pedreira, presentou as obras de reurbanización que se van acometer no ámbito do Cruceiro do Gaio. Esta actuación suporá o redeseño urbano da zona.
CONSORCIO
A pianista romanesa Mihaela Ursuleasa actúa no Auditorio de Galicia baixo a batuta de Salvador Mas
O concerto do xoves 19 no Auditorio de Galicia terá como protagonista a unha das últimas promesas do piano en Europa: Mihaela Ursuleasa. Acompañará á Real Filharmonía de Galicia, que nesta ocasión actuará baixo a batuta do director convidado Salvador Mas, actual director artístico da Orquesta Ciudad de Granada.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello seleccionará 45 traballadores para un equipo de obras no ámbito do Urbana Santiago Norte
A Xunta de Goberno aprobou as bases xerais de selección de 45 traballadores para equipos de obra urbana, que se ocuparán de obras de interese social no ámbito da iniciativa Urbana Santiago Norte. Entre outros asuntos, tamén se adxudicaron provisionalmente as obras de reurbanización urbana en dous novos accesos á cidade.
MERCADOS
A Caravana dos Cativos trae a Santiago os personaxes de animación máis populares
O recinto feiral de Amio acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o parque temático infantil "A Caravana dos Cativos". Tras o éxito de 2008, regresa este evento, promovido pola Concellería de Mercados, que xunta nun único evento a multitude de coñecidas personaxes de animación infantil.
CIDADE HISTÓRICA
Olga Pedreira explicaralles aos veciños as obras de reurbanización de Raxoi, Trindade, San Clemente e Cruceiro do Gaio
Os veciños das rúas de Raxoi, Trindade e San Clemente, xunto coa do ámbito do Cruceiro do Gaio poderán coñecer de primeira man todos os detalles das obras de reurbanización que en breve comezarán nestes barrios. A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, ten convocada unha reunión á que están convidadas todas as veciñas e veciños destas rúas para explicar polo miúdo como serán os detalles das obras, para recoller suxestións e para disipar...
BENESTAR SOCIAL
A Concellería de Benestar Social destaca o éxito da festa sen alcohol de presentación da web "www.quetocaestanoite.es"
Malia o temporal de auga e vento que sufriu Santiago de Compostela na noite do venres 13, a festa de presentación da web www.quetocaestanoite.es á mocidade da cidade foi todo un éxito. O feito de ser unha festa na que non se serviu alcohol non impediu que a xente se divertira e disfrutara ata o final do concerto ofrecido polo grupo No Reply na Sala Capitol.
ALCALDÍA
Santiago acollerá un encontro internacional da xuventude do 5 ao 8 de agosto de 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao delegado de Infancia e Xuventude do Arcebispado de Santiago, Francisco Javier Porro Martínez. Este explicoulle os detalles da Peregrinación e Europea de Xóvenes que se realizará do 5 ao 8 de agosto de 2010.
CIDADES PATRIMONIO
Novo catálogo de paquetes turísticos do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentou o novo catálogo de paquetes turísticos elaborado polo Grupo que, baixo o título de Cidades Reinventadas, inclúe máis de 30 itinerarios distintos combinando a visita ás trece cidades que forman el GCPHE. A presentación realizouse con motivo do labor promocional que o Grupo está a realizar en Suíza.