EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Homenaxe ao profesorado xubilado neste ano 2019

13/06/2019

O Pazo de Raxoi acolleu unha homenaxe aos/ás profesores/as dos centros de primaria e secundaria de Santiago de Compostela que se xubilan este ano. O alcalde de Santiago en funcións, Martiño Noriega, presidiu o acto, no que se entregou un agasallo a 15 mestres/as de 10 centros escolares.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto este xoves no marco das Xornadas de Música Contemporánea

12/06/2019

A Real Filharmonía de Galicia protagoniza un dos concertos das Xornadas de Música Contemporánea, organizadas polo Concello de Santiago, o Consorcio de Santiago, a Universidade de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea e a Deputación da Coruña. A cita será mañá xoves 13 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, con entrada libre ata completar o aforo. A batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel.

Ler máis

PLENO

Celebrado o último Pleno da lexislatura 2015-2019

12/06/2019

Este mércores celebrouse o último Pleno da Corporación da lexislatura 2015-2019. Foi unha sesión extraordinaria na que o único punto da orde do día foi a lectura de actas das sesións plenarias do 10 e 27 de abril. O Pleno serviu tamén de despedida para aqueles concelleiros e concelleiras que non repetirán na nova Corporación.

Ler máis

ALCALDÍA E CENTROS CÍVICOS

O alcalde en funcións participou na entrega dos premios do concurso Selfie LIX de Galicia

12/06/2019

O alcalde en funcións, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais e Centros Cívicos en funcións, Concha Fernández, participaron na entrega dos premios do concurso Selfie LIX de Galicia, convocado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, o Consejo General del Libro, o Consell del Llibre Infantil i Juvenil e o Galtzagorri Elkartea, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. O acto celebrouse no Centro Cívico Aurelio Aguirre de Conxo.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Arrinca a V Mostra de Teatro nos Centros Cívicos

11/06/2019

O Teatro Principal acollerá entre os días 17 e 22 de xuño a V Mostra de Teatro dos Centros Cívicos, na que se van presentar un total de 15 montaxes. No certame participarán os clubs de teatro dos centros cívicos do Ensanche, O Romaño, Castiñeiriño, A Rocha, Santa Marta, Fontiñas e Conxo.

Ler máis

LINGUA

Xa hai gañadores da IV edición do Fotolingua, que se pechou con máis de 400 imaxes asociadas

11/06/2019

A IV edición do concurso Fotolingua, que pretende darlle visibilidade ao uso do galego no ámbito comercial, pechouse con 441 imaxes asociadas ao cancelo #fotolingua. Delas, a que recibiu máis "gústame" do público, 180, foi a realizada por Raquel Pombar na escola Sondanza. Pola súa banda, a organización do certame decidiu premiar a Xaime Varela Siero, polo conxunto de imaxes que publicou no que reflicte a riqueza e variedade de establecementos que usan o galego en Compostela.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Este venres chega ao Principal o espectáculo "Palabras que habitan corpos", dirixido por Leo Rodríguez e Carlota Pérez

10/06/2019

Chega unha terceira edición do programa comunitario multidisciplinar Torre de Babel, que se vén celebrando no Concello de Santiago co apoio da área de Políticas Sociais. Desta vez, o Teatro Principal acollerá este venres, a partir das 20:30 horas, o espectáculo de danza Palabras que habitan corpos, dirixido por Leo Rodríguez e Carlota Pérez.

Ler máis
Compartir: