TURISMO
A Film Commission compostelá asiste ao Festival de Cine de San Sebastián
A Santiago de Compostela Film Commission estará presente na Kursaal de San Sebastián para atender, durante o maior festival de cine español, aos directores e produtores que manifestaron o seu interese por rodar os seus guións na capital galega ou que están en busca de localizacións para futuras producións.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais programa máis de 140 actividades para a temporada de outono
A concelleira de Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a programación desta área para os meses de outono. Son máis de 140 actividades, específicas e comúns, a desenvolver polos seis centros cabeceira co obxectivo de "dinamizar os barrios e propiciar a interrelación social".
CULTURA
Remata o prazo de alegacións ao censo provisorio do Consello de Compostela Cultura
O venres 19 de setembro remata o prazo previsto para formular alegacións, solicitudes de cambio de adscrición ou a inclusión no censo do Consello de Compostela Cultura. As alegacións e solicitudes puideron presentarse dende o 9 de setembro, é dicir durante 10 días hábiles, unha vez se fixo público o censo provisorio. Co remate do prazo de alegacións ábrese a fase da conformación do censo definitivo, que se publicará o luns 29 de setembro.
TURISMO
Turismo de Santiago achegará as curtametraxes a 540 persoas maiores de toda Galicia
As grandes curtas é un programa de curtametraxes pensando especialmente para os maiores. Incluído no Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, esta iniciativa traerá a Santiago a 540 deste maiores procedentes de toda Galicia, que verán unha selección de curtametraxes e visitarán a cidade.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo foi elixido en Ávila vicepresidente do grupo de Cidades Patrimonio
Durante a asemblea xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrada en Ávila, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi elixido vicepresidente. Deste xeito, a Comisión Executiva continúa estando presidida pola alcaldesa de Ibiza, Lourdes Costa, e conta ademais con catro vicepresidencias que se renovaron na xuntanza: Santiago, Salamanca, La Laguna e Cuenca.
UMAD
Santiago acollerá unhas xornadas municipais sobre prevención de dogrodependencias os días 10 e 11 de outubro
A Xunta de Goberno local deu conta da celebración, os días 10 e 11 de outubro, no Palacio de Congresos e Exposicións, das Xornadas Municipais sobre Prevención de Drogodependencias, organizadas pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Estas xornadas pretenden difundir os avances que se están a producir en España no campo da prevención do uso e abuso de drogas entre a xente nova.
MEDIO AMBIENTE
Adxudicadas as obras de rexeneración do Monte de Dios
O Goberno local adxudicou definitivamente as obras incluídas no proxecto de rexeneración do Monte de Dios. Ratificouse así unha contratación que permitirá a recuperación do contorno deste ámbito, coa rexeneración da vexetación autóctona e a corrección dos impactos causados polo trazado e pola integración de infraestruturas.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago participa nos actos do XV aniversario do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebra o XV aniversario da súa constitución. Por este motivo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, está en Ávila, onde participará cos rexedores municipais das outras 12 cidades nos actos programados para esta celebración.
DEPORTES
O Pedroso decidirá os campións do Open Galego de Descenso en Mountain Bike
O Monte Pedroso acollerá, o domingo 21 de setembro, o II Gran Premio Santiago DH, última proba do Open Galego de Descenso en Mountain Bike. A proba decidirá por segundo ano consecutivo aos campións desta competición nas distintas categorías: elite, sub 23, júnior, feminina, cadete, máster 30, máster, senior e promoción.
COMERCIO
Ábrese o prazo de inscrición na edición de outono do Concurso de Escaparatismo
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na Edición de Outono do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008, que finaliza o 3 de outubro. A Concellaría xa comezou a entregar as bases do certame aos aproximadamente 2.500 estabelecementos comerciais que existen en Santiago.