CONSORCIO
O director técnico da Real Filharmonía de Galicia, Oriol Roch, despídese tras dez anos á fronte da formación
O director técnico da Real Filharmonía de Galicia (RFG), Oriol Roch, deixa a formación a finais do mes de agosto, despois de dez anos á fronte da orquestra. Este mesmo ano tivo a oportunidade de vivir a maioría de idade da RFG, que daba os seus primeiros pasos o 29 de febreiro de 1996.
TURISMO
Área Santiago promocionará a súa gastronomía en outono
Os técnicos de Área Santiago mantiveron unha reunión de traballo no edificio municipal Cersia. Na xuntanza acordouse estudar diferentes accións de promoción conxunta da gastronomía dos 16 concellos do grupo, tanto os seus productos particulares, como a súa restauración e as súas festas gastronómicas, que se desenvolverían en outono, partindo do feito de que a gastronomía é un dos principais atractivos da zona.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Protección Civil, cos nenos do campamento infantil de verán da Gracia
Voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local estiveron no Local Sociocultural da Gracia cos nenos e nenas que participan no campamento infantil de verán organizado pola asociación veciñal desta parroquia compostelá, aberto tamén a Grixoa e Lamascal.
SERVIZOS SOCIAIS
Concello e Colexio de Avogados renovan a colaboración para a prestación da asistencia xurídica gratuíta a persoas sen recursos
A concelleira de Servizos Sociais, María José Corral, e o decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Evaristo Nogueira, asinaron o convenio que establece a colaboración para a implantación e funcionamento dunha quenda de letrados/as especializados en dereito administrativo e laboral que prestarán asistencia e asesoramento xurídico na vía administrativa previa a persoas sen recursos. O Concello achegará 4.000 euros.
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo e o concerto de Loquillo na praza da Quintana, protagonistas da xornada do día 24
As Festas do Apóstolo ofrécenos na xornada do 24 de xullo unha das citas máis esperadas de cada ano: o espectáculo nocturno e os fogos do Apóstolo, que comezarán ás 23:30 horas na praza do Obradoiro da man de Acciona Producciones y Diseño e Ricasa. Nesta xornada teremos ademais o concerto de Loquillo na praza da Quintana, a orquestra Los Satélites na Alameda, pasarrúas, xigantes e cabezudos e concerto de Atardecer no Gaiás.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destina máis de 220.000 euros a empresas da cidade para reforzar a súa capacidade competitiva
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a concesión de seis axudas a outras tantas empresas para permitirlle ás mesmas contratar, mediante bolsas, a persoal especializado, mellorando así a súa competitividade.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Entregado o premio do II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego
A concelleira de Normalización Lingüística, María José Corral, entregou o diploma acreditativo aos deseñadores da campaña gañadora do II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego. O acto celebrouse na Libraría Couceiro, protagonista do proxecto triunfador.
ALCALDÍA
O alcalde considera unha "demostración de compromiso coa cidade" o mantemento pola Xunta de Galicia dos 2,3 millóns de euros do Estatuto da Capitalidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinaron en Raxoi o convenio de colaboración para financiar o Estatuto da Capitalidade. A Xunta achega ao Concello 2,3 millóns de euros por este concepto, a mesma cantidade que en 2013.
FESTAS
Vintage Trouble e Novedades Carminha, da man de Son Estrella Galicia, na xornada do mércores 23 das Festas do Apóstolo
Continúa a programación das Festas do Apóstolo e na xornada do mércores día 23 teremos a actuación estelar na praza da Quintana de Vintage Trouble, unha banda norteamericana que chega precedida dun incrible éxito de público e crítica xa dende a súa formación en 2010, grazas precisamente aos seus sensacionais directos e a un estilo único. Novedades Carminha, unha das bandas galegas consolidadas na escena independente española, será a encargada de quentar a noite antes da saída de Vintage...
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Seguridade no Apóstolo e recomendacións
O Departamento de Seguridade e Mobilidade pon en coñecemento dos cidadanía as diferentes restricións de seguridade e as recomendacións de seguridade, circulación e estacionamento para os días 24 e 25 de xullo.