DEPORTE

Máis de 400 nenos e nenas participan o sábado en San Lázaro na concentración de escolas de rugby da Federación Galega

23/05/2019

O Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro acolle este sábado a concentración de escolas de rugby da Federación Galega deste deporte, na que participarán máis de 400 nenos e nenas de diversos clubs de Galicia. Na rolda estiveron a concelleira de Deporte, Noa Morales; a presidenta da Asociación Valentes-Club Deportivo Lobos, Beatriz Álvarez Germil, e o adestrador e director da Escola de Rugby da Asociación, Álvaro Caride.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Concerto ROM no Centro Cívico de Conxo

23/05/2019

Este sábado 25, ás 20:00 horas, o Centro Cívico de Conxo acolle o Concerto ROM, no que participará o grupo Sastipën Talî e o Quintento NÓs, encabezado por Marcos Teira.

Ler máis

TURISMO

As pernoctacións en Santiago crecen en abril un 19% e logran o seu máximo histórico neste mes

23/05/2019

O pasado mes de abril, os establecementos hoteleiros de Santiago de Compostela rexistraron 126.406 pernoctacións, segundo os datos publicados hoxe polo INE. É a mellor cifra de pernoctacións na cidade nun mes de abril, superando incluso as pernoctacións do Ano Santo 2010 no mesmo mes. Esta cifra foi posible grazas a un crecemento do 19,16% respecto do mesmo mes do ano pasado.

Ler máis

EMPREGO

A Axencia Local de Colocación inicia a inscrición en varios cursos e talleres no ámbito das TIC

22/05/2019

A Axencia Local de Colocación organiza a segunda e terceira edición do workshop "Progresa dixitalmente", en colaboración con Facebook. Ademais, xunto coa Cámara de Comercio, pon en marcha tres novos cursos no ámbito das TIC: un sobre deseño e impresión 3D, outro sobre robótica e un máis sobre programación electrónica aplicada. A inscrición pode realizarse a través da páxina web da Axencia Local de...

Ler máis

LINGUA

O Proxecto Youtubeir@s busca fortalecer no mes de xuño a comunidade creadora en galego na rede a través de dous encontros

22/05/2019

No marco do Proxecto Youtubeir@s, Santiago e A Coruña acollerán dous encontros co obxectivo de establecer relacións de intercambio e debate entre o público e a comunidade creadora de contidos en Youtube. O acto "Youtubeir@s en conexión" desenvolverase na Coruña o 8 de xuño, mentres que Santiago acollerá o 28 de xuño o encontro "Lista de reprodución ao vivo".

Ler máis

LINGUA

Continúan as sesións do "Conto viaxeiro"

22/05/2019

Durante os meses de maio e xuño celébrase unha nova edición do Conto viaxeiro, unha iniciativa do Departamento de Lingua dirixida ao alumnado 4º curso de Educación Primaria. As sesións arrincaron o pasado 2 de maio no CEIP Lamas de Abade e rematará o 20 de xuño no Colexio San Pelayo-Enma.

Ler máis

TURISMO

Santiago promociónase en Frankfurt como destino de congresos e eventos internacionais

22/05/2019

Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), participa no IMEX Frankfurt, a feira profesional de Turismo de Reunións e Incentivos, que se celebra entre o 21 e o 23 de maio. Trátase da feira especializada do sector de congresos, reunións e incentivos máis importante do mundo, con máis de 3.500 expositores de máis de 150 países.

Ler máis
Compartir: