RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Unha delegación de empresarios xaponeses e representantes do Camiño Xaponés dos 88 Templos visita o Concello
Con vistas a unha peregrinación que se fará no Ano 2010, unha delegación de empresarios e representantes do Camiño dos 88 Templos reuníronse co Concelleiro de Relacións Institucionais para organizar a visita do vindeiro ano.
INFRAESTRUTURAS E CIRCULACIÓN VIARIA
A bo ritmo as obras de pilotaxe do túnel do Hórreo
As obras do túnel do Hórreo obrigan a novos cortes temporais do tráfico ata en tres rúas da zona: Romero Donallo, Antón Fraguas e Santiago León de Caracas. Trátase neste caso de obras na rede de abastecemento e do proceso de pilotaxe.
TURISMO
As pernoctacións en agosto medraron en Santiago un 25,95%
No mes de agosto producíronse en Santiago 175.566 pernoctacións, cun crecemento do 25,95% respecto das 139.390 que se deron no mesmo mes do ano 2008, segundo os datos do INE. Estes datos contrastan coa caída do 5% que se produciu a nivel estatal. En Galicia, o crecemento no mes de agosto foi do 2,37%.
MEDIO AMBIENTE
Unha colección de guías de bolso divulgarán os valores dos parques e xardíns de Santiago
Os parques e xardíns de Compostela contan xa cunha nova ferramenta divulgativa e informativa que axudará a que toda a cidadanía coñecelos en maior profundidade poda valoralos mellor. Tratase dunha serie de pequenas guías dos parques que foi presentada, na Granxa do Xesto, pola concelleira do Medio Ambiente de Santiago, Elvira Cienfuegos.
BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN
O Concello satisfará as bolsas de comedor antes do final de cada mes
No curso 2009-2010, o Concello pon en marcha en colaboración coas ANPAS un sistema de xestión máis eficaz para as bolsas de comedor. Esta fórmula, ratificada en Xunta de Goberno, permitirá que antes do final de cada mes se poda satisfacer a bolsa correspondente.
ALCALDÍA
O Concello colabora coa Fundación Secretariado Xitano no desenvolvemento dun programa de inserción laboral
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director-xerente da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 19.700 euros para o desenvolvemento das actividades enmarcadas dentro do programa Acceder, dirixido á poboación xitana do municipio de Santiago de Compostela.
COMERCIO
O Plan Estratéxico do Comercio Compostelán ofrece con tres liñas de actuación baseadas nas necesidades do sector
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán (PECC). Ratificado pola Xunta de Goberno, recolle as políticas de comercio que a Concellaría aplicará ata o 30 de xullo de 2010, data de remate da súa vixencia. O seu orzamento é de 187.500 euros, cofinanciados nun 80% pola Deputación da Coruña (150.000 euros) e nun...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reurbanización da rúa Espírito Santo
O Goberno local aprobou o proxecto e iniciou o expediente de contratación das obras de reurbanización do espazo público da rúa Espírito Santo. Na mesma sesión deuse o visto bo á cafetería que se instalará no parque Eugenio Granell.
ALCALDÍA
A praza Roxa acolleu os actos do día sen coches
A cidade uniuse á Semana Europa da Mobilidade, que se celebra do 16 ao 22 de setembro. Con este motivo, a praza Roxa acolleu unha serie de actividades para promover hábitos saudables e máis respectuosos co medio ambiente.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música incorpora a danza e a música tradicional á súa oferta académica
Con preto de 300 alumnos contará a Escola Municipal de Música no curso 2009-2010. Son xa 213 alumnos os matriculados, aos que se unirán os que se matriculen entre o 21 e o 25 de setembro. Todos eles poderán acceder a unha ampla oferta que incorpora novidades como as seccións de danza ou de música tradicional, ou un grupo de nenos de tres anos na sección de música e movemento.