ALCALDÍA
Reunión do alcalde coa asociación veciñal Monte de Dios (Vite)
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse con representantes da asociación de veciños Monte de Dios, de Vite.
ALCALDÍA
Unhas mil persoas participarán en 2012 no IV Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios
Santiago de Compostela acollerá do 12 ao 14 de abril de 2012 o IV Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (Patorreb). Os detalles do mesmo explicáronos en rolda de prensa o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Celestino García Braña; e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.
CONSORCIO
Stefan Jackiw será o solista convidado nun novo concerto da Real Filharmonía
O violín será o protagonista no próximo concerto do ciclo de abono da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia. Xunto á orquestra actuará unha nova promesa musical, Stefan Jackiw, quen con 25 anos xa realiza xiras internacionais con algunhas das mellores orquestra de Europa e Estados Unidos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A web da Concellería de Promoción Económica ofrece un espazo de promoción gratuíto as empresas e entidades de Santiago
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acompañado do presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel presentou a apertura da web www.maiscompostela.org, e por extensión de Facebook, como ferramenta de traballo e interrelación entre os axentes da Rede de Cooperación Local. Agora, as empresas, entidades, institucións e administracións con sede na comarca de Compostela ou que celebren...
IGUALDADE
Os actos municipais con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero diríxense este ano aos locais de hostalería
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o xoves 25 de novembro. Nesta edición, o Concello colabora coa Marcha Mundial das Mulleres e coa Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca nunha campaña para difundir material nos locais de hostalería co lema "Neste espazo non maltratadores".
CULTURA
O director de Cineuropa valora o talento da produción galega malia a crise
No marco de Cineuropa, e por segundo ano consecutivo, a Academia Galega do Audiovisual presentou o seu cuarto anuario Papeis da Academia, que recolle a información e produción audiovisual feita en Galicia entre xuño de 2009 e xullo de 2010.
EDUCACIÓN
A cidade sumouse aos actos en recordo das vítimas da violencia viaria
Un día antes do Día mundial en recordo das vítimas da violencia viaria, o 21 de novembro, o Concello e Stop Accidentes realizaron a súa particular homenaxe a estas vítimas e quixeron sensibilizar aos composteláns sobre a importancia deste problema e da súa prevención.
ALCALDÍA
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España tamén peregrinaron a Santiago
A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, formada por varios alcaldes do Grupo, entre eles o compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizou parte do Camiño como mostra de apoio ao Xacobeo 2010.
SANIDADE
Fariña denuncia os recortes orzamentarios autonómicos na área sanitaria de Santiago
O concelleiro de Sanidade, Andrés Fariña, compareceu xunto cun representante da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública en Galicia, Francisco Reyes, para denunciar os recortes nos orzamentos da Xunta para a área sanitaria de Santiago. Expresou a súa preocupación polas listas de espera e lamentou a "falta de organización e de recursos para as infraestruturas sanitarias" da Consellería de Sanidade.
ALCALDÍA
Todo listo para o Foro 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios. Este explicoulle os últimos detalles do Foro 2010, que se inicia o 3 de decembro.