CULTURA
Filhartrompía Quartet inaugura o ciclo Música de Cámara no Auditorio de Galicia
O novo ciclo da concellería de Cultura, Música de Cámara comeza o mércores 25 cun concerto de Filhartrompía Quartet. Será ás 20:30 horas na Sala Mozart do Auditorio e as entradas, a 6 € (30 € para todo o ciclo), poden mercarse na billeteira do Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas e na do Auditorio o día do concerto a partir das 18:00 horas. Despois deste concerto, poderemos escoitar neste ciclo a Airas Ensemble, Sonatas á Italiana, Omega Brass Ensemble, Trío Pifa e Pamina Trío.
EDUCACIÓN
O Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela acolle un obradoiro sobre a cultura castrexa a través dos obxectos
A Unidade de Cultura Científica do Instituto de Ciencias do Patrimonio organiza o obradoiro de cerámica "A cultura castrexa a través dos obxectos". A Concellería de Educación colabora con esta proposta, que se desenvolverá o mércores 24 de abril, de 16:00 a 18:30 horas no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela. Actuarán como relatores Yolanda Porto, Beatriz Gómez-Arribas.
CULTURA
"Under18" chega por primeira vez a Galicia cun cabeza de cartel de luxo: Simple Plan
O Festival Under Eighteen (máis coñecido como U18) naceu co propósito de crear alternativas musicais para os menores de 18 anos, como unha nova proposta de lecer para os máis novos, que poderán gozar en directo dos seus artistas favoritos en horarios adecuados e en recintos onde está prohibida a venda de bebidas alcohólicas e de tabaco. E agora esta iniciativa chega a Compostela da man da Concellería de Cultura e a produtora Sweet Nocturna con varios patrocinios. O concerto foi presentado en rolda de prensa polo alcalde...
ALCALDÍA
O alcalde deu a coñecer os debuxos que ilustrarán o cartel do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela
Xa se coñecen os debuxos que ilustrarán o cartel do 50 aniversario da SD Compostela. O alcalde compostelán, Ángel Currás, deu a coñecer os nomes dos catro escolares que gañaron o concurso convocado ao efecto pola comisión organizadora desta efeméride. O xurado elixiu os catro debuxos entre os 50 finalistas, do total de máis de 300 presentados.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o prazo de solicitude para os obradoiros de verán e do curso 2012-2013 das escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de reserva de praza e admisión de solicitudes para os obradoiros, tanto de verán como do curso 2012-2013 das escolas infantís de Conxo e Fontiñas. Tamén se acordaron as obras de mellora de vieiros rurais que, en réxime de cooperación, se executarán no marco do Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural).
MEDIO RURAL E DEPORTES
O couto de Chaián acolleu unha nova edición do Concurso de Pesca de Salmónidos
Os concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Desportes, Adrián Varela asistiron, xunto con representantes municipais de Traxo, ás actividades organizadas pola Venatoria de Santiago con motivo do XXXVII Concurso de Pesca de Salmónidos, celebrado no couto de pesca de Chaián, comprendido entre os termos municipais de Santiago e Trazo. 25 deportistas participaron na competición.
EDUCACIÓN
Máis de 600 escolares asistirán á representación da obra "Payasos en peligro"
Máis de 600 escolares dos centros de ensino de Educación Primaria de Santiago asistirán o martes 24 de abril de 2012, ás 9:45 horas e ás 11:30 horas, no Teatro Principal á representación da comedia musical Payasos en peligro, promovida pola Fundación Mapfre e a Concellería de Educación.
PLENO
Dada conta ao Pleno da renuncia de Xerardo Conde Roa como concelleiro
A Corporación municipal celebrou un Pleno extraordinario no que se deu conta do escrito de renuncia de Xerardo Conde Roa como concelleiro.
CULTURA
Mónica de Nut Trío presenta o seu novo disco dentro do ciclo Íntimo&Acústico
Os composteláns Mónica de Nut Trío presentan o seu novo disco, baixo o mesmo nome, dentro do ciclo Íntimo&Acústico, que organiza a Concellería de Cultura. Será en dous concertos, luns 23 e martes 24, ambos ás 21:00 horas, na Zona "C".
BENESTAR SOCIAL
O Concello pon en marcha unha campaña de recollida de cueiros para familias en situación de extrema necesidade
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, anunciou a posta en marcha da Operación Cueiro. Trátase de sensibilizar aos cidadáns para que, na medida das súas posibilidades, "doen paquetes de cueiros de diferentes tallas para familias en situación de extrema necesidade".