CIDADES PATRIMONIO

Un compostelán gaña o II Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio na categoría de 19 a 30 anos

26/06/2018

Este concurso para mozos e mozas creadoras de entre 16 e 30 anos forma parte das celebracións do 25 aniversario da rede e enmárcase no Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Divídese en dúas categorías: de 16 a 18 anos e de 19 a 30. Nesta última, alzouse co primeiro premio Alejandro Gesto, cunha peza sobre a riqueza patrimonial de Compostela. O certame conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Ler máis

CONSORCIO

A música inglesa será o fío condutor da temporada 2018-2019 da Real Filharmonía de Galicia

26/06/2018

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada de abono 2018-2019 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción aos xogadores, directiva e corpo técnico da SD Compostela

26/06/2018

O alcalde presidiu esta tarde a recepción oficial aos xogadores e corpo técnico da SD Compostela, coa que o Concello de Santiago quixo recoñecer o traballo do equipo durante a temporada futbolística que vén de rematar. Martiño Noriega felicitou a todos os integrantes do club, e expresoulles o seu convencemento de que máis pronto que tarde lograrán o ansiado ascenso a Segunda B.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello ocupará a entreplanta na rúa de Xeneral Pardiñas de propiedade municipal

22/06/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe ocupar a entreplanta da rúa de Xeneral Pardiñas que o Concello de Santiago recibiu segundo unha permuta asinada no ano 2005, e que debería terlle sido traspasada libre de cargas. O local será destinado a usos socioculturais vinculados ao Departamento Municipal de Lingua. O Goberno local segue á espera de que se resolva o recurso xudicial que ten presentado para solicitar a nulidade do procedemento hipotecario que lle afecta ao inmoble.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco" volve encher de música lugares singulares de Compostela

22/06/2018

A alcaldesa en funcións, María Rozas, e Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural, presentaron esta mañá no NH Collection Santiago a sétima edición de TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco, que se celebra do 26 de xuño ao 26 de xullo. Trátase do ciclo estival da Asociación Desconcierto Cultural co que se pretende aproveitar lugares especiais que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un...

Ler máis
Compartir: