CULTURA
"Aneis", "Dessassosego" e "O asombro", tres Escenas Poéticas para a Zona C
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as representacións de Escenas Poéticas, tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré especialmente pensadas para a Zona C. Estivo acompañado de representantes das tres compañías que protagonizan as tres propostas: Branca Novoneyra ("Aneis"), Iria Pinheiro de DandyLady ("Dessassosego") e Inacio Vilariño de Fantoches Baj ("O asombro").
FACENDA
Últimos días para que os cidadáns se acollan ao pago fraccionado do IBI
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, informou sobre a solicitude do pago fraccionado do IBI e animou aos cidadáns a aproveitar os últimos días para elixir esta alternativa, que permitirá sufragar o imposto en tres prazos. O último día para solicitar este pago fraccionado é o xoves 28 de febreiro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Dúas novas rutas didácticas no programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Continúan as rutas didácticas do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Esta semana, oportunidade para visitar a cerca da cidade e as ribeiras do Sarela.
ALCALDÍA
Celebracións polo 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na praza de Vigo ao acto organizado pola Fundación Rosalía de Castro con motivo do 176 aniversario do nacemento da poeta.
BENESTAR SOCIAL
Entrega de diplomas aos participantes nas accións formativas do programa Acceder
O edificio Cersia, en San Lázaro acolleu a entrega de diplomas das accións formativas do programa Acceder, da Fundación Secretariado Xitano. O Concello, mediante un convenio de colaboración, destinou 20.000 euros a este programa en 2012. Participou acto a concelleira Amelia González.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC do Ensanche organiza unha nova sesión de xogos populares na praza Roxa
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche organiza quincenalmente sesións de xogos populares na praza Roxa. A próxima será este sábado, 23 de febreiro, dende as 12:30 ás 13:30 horas.
PARQUES E XARDÍNS
O novo parque interxeracional de Ramírez estará listo na primavera
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, visitou as obras do parque de Ramírez. Os traballos avanzan a bo ritmo coa previsión de que o parque poida estar listo para a primavera.
ALCALDÍA
O alcalde reorganiza o Goberno municipal en sete grandes áreas de xestión
O alcalde compostelán presentou a reorganización do Goberno municipal. Créanse sete grandes áreas de xestión, nas que quedan integradas, de forma coordinada, os diferentes departamentos municipais, cuns concelleiros responsables de cada área e outros concelleiros de apoio. Esta nova estrutura, segundo Ángel Currás, "sitúase na vangarda no municipalismo, iniciando una tendencia que non ten volta atrás".
CULTURA
Joaquín Reyes presenta "Soy especial" dentro do ciclo Falabaratos
Joaquín Reyes chega a Santiago para presentar o seu monólogo máis irreverente e underground, Soy especial, dentro do ciclo Falabaratos. Un espectáculo divertido e atrevido onde a risa está garantida do primeiro ao último minuto. Será no Teatro Principal en dúas funcións, ás 20:00 e ás 22:30 horas. A seguinte cita de Falabaratos será con Miguel Lago o xoves 7 de marzo, a partir das 20:00 horas, no Teatro Principal, onde presenta Soy un miserable.
URBANISMO
A actuación de urxencia da Brigada na rúa Virxe Branca motiva un pequeno cambio do proxecto e unha nova adxudicación
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, comunicou que as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca comezarán en canto se adxudique o proxecto modificado das mesmas, o cal será posible unha vez se dispoña dos remanentes orzamentarios. A edil agarda que esta incorporación se produza nos vindeiros días, tras a que se iniciará un procedemento de urxencia para adxudicar a obra.