EDUCACIÓN

Miguel Cerro recibe o VIII Premio Compostela de Álbums Ilustrados

05/11/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi o acto de entrega do VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, que recaeu en Miguel Cerro Circo, pola obra Después de la lluvia. Nesta edición do certame participaron 339 álbums ilustrados procedentes de 20 países.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Catro talleres formativos nos centros socioculturais sobre a factura eléctrica

04/11/2015

A Concellaría de Acción Cultural, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia e co patrocinio do Instituto Galego de Consumo, organiza neste mes de novembro catro talleres formativos noutros tantos locais socioculturais: Figueiras, Marantes, Marrozos e A Peregrina. A temática será a comprensión da factura da electricidade e as prácticas para aforrar na mesma.

Ler máis

TURISMO

A fase de selección asegura a calidade de Santiago(é)Tapas, que dinamizará a gastronomía local do 12 ao 29 de novembro

04/11/2015

O certame Santiago(é)Tapas volverá dinamizar a gastronomía da capital de Galicia entre o 12 e o 29 de novembro, con máis de 65 establecementos participantes nun evento que chega á súa oitava edición. Xa se está a celebrar a fase de preselección, que determinará o número total de concursantes. Un xurado é o encargado de asegurar a calidade e máis a adecuación aos criterios do evento dos petiscos presentados

Ler máis

FACENDA

María Rozas insiste en que a proposta do Goberno municipal en relación ás ordenanzas é "gravar máis aos que máis teñen"

04/11/2015

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, afirmou na rolda de prensa posterior á Comisión de Facenda que a proposta do Goberno municipal para a aprobación das ordenanzas pasa por "gravar máis a quen máis ten", o que implicaría incrementar o tipo para o 10% das propiedades non residenciais máis caras. Para María Rozas, trátase de "xustiza social, de que máis ten aporte máis para poder cumprir o obxectivo de duplicar o gasto social a 100 euros por habitante e ano".

Ler máis

MOBILIDADE

Arranca o proceso participativo para consensuar o Pacto pola Mobilidade

04/11/2015

O Goberno local quere elaborar un novo Plan de Mobilidade Sostible, e aspira a que ese documento goce dun consenso social que non tiveron ata agora documentos semellantes, de xeito que se garanta a súa aplicación a longo prazo. Para iso, o primeiro paso será asinar un gran Pacto pola Mobilidade. Os traballos para logralo comezarán o próximo día 10 de novembro, cunha xuntanza na que participarán diferentes axentes sociais de Compostela e representantes dos municipios da comarca.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

A concelleira de Políticas Sociais reúnese co Foro Galego da Inmigración

04/11/2015

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiu no Pazo de Raxoi o Foro Galego da Inmigración, cos que falou sobre unha moción a levar ao próximo Pleno sobre os centros de internamento de estranxeiros (CIE). O obxectivo pasa agora por reunirse co resto de grupos políticos para elaborar unha declaración conxunta que poida ser aprobada pola Corporación. Na moción quere manifestarse o compromiso do Concello en traballar pola erradicación do racismo na cidade e pola igualdade de dereitos e oportunidades para toda...

Ler máis
Compartir: