ALCALDÍA

Auryn, Kusturika, La Pegatina ou Kitty, Daisy & Lewis, algúns dos nomes destacados dunhas Festas da Ascensión con propostas para todos os públicos

05/05/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Cultura, María Antón, presentaron o programa das Festas da Ascensión, que se celebrarán do 13 ao 17 de maio. O calendario ofrece unha ampla gama de propostas, na que destaca a presenza de nomes como Auryn, Emir Kusturika, La Pegatina, Kitty, Daisy & Lewis, Moreno Veloso ou Guadi Galego.

Ler máis

CONSORCIO

A soprano estadounidense Heidi Melton, considerada como a grande intérprete actual do repertorio de Wagner, canta esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

05/05/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves, a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. E o venres tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da orquestra, Paul Daniel.

Ler máis

CULTURA

Aporía Escénica presenta "30 e tantos ósos" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués

05/05/2015

A compañía pontevedresa Aporía Escénica presenta, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, 30 e tantos ósos, a partir de textos e materiais de creación colectiva. Será este mércores 6 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 10 euros, ou de 7 se se adquiren co Bono. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), no 902 434 443 ou na páxina web entradas.abanca.com.

Ler máis

XUVENTUDE

Comezan as obras do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga

04/05/2015

A concelleira de Xuventude, Maite Cancelo, vén de anunciar o comezo das obras do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, que foran adxudicadas pola Xunta de Goberno local o pasado 19 de marzo por un importe de 199.560 euros, dos cales o 80% serán achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e o 20% restante polo Concello. O edificio estará situado a carón do CEIP Apóstolo Santiago e da Escola Municipal de Música e conta cun prazo de execución de seis meses.

Ler máis

EDUCACIÓN

Máis de 185 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música participarán no Auditorio no Festival de Música e Movemento

04/05/2015

Os días 5 e 6 de maio, ás 18:30 horas, a Sala Mozart do Auditorio de Galicia acollerá o Festival de Música e Movemento que tradicionalmente organiza a Escola Municipal de Música. O evento dará a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses na Escola e contará coa participación de máis de 185 alumnos e alumnas, acompañados do profesorado da EMM e das súas familias.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago reúnese co novo responsable de Turkish Airlines en Galicia

03/05/2015

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, vén de reunirse co novo responsable de Turkish Airlines en Galicia, Ertan Alpay, para estudar novas accións de promoción da conexión entre o aeroporto de Santiago e o hub da compañía turca en Estambul como porta de entrada do turismo asiático na cidade. Ertan Alpay foi nomeado responsable da aeroliña en Galicia a mediados deste mes de abril en substitución de Yahya Zahid Sensoy, que á súa vez foi nomeado director xeral da compañía en Madrid.

Ler máis
Compartir: