ALCALDÍA
O alcalde insiste na necesidade de atopar solucións para a crise do sector lácteo
O alcalde de Santiago quixo dar mostra este mediodía da solidariedade dos veciños e veciñas da capital galega cos gandeiros, asistindo á manifestación convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo dende a Alameda compostelá. Coa súa presenza, Martiño Noriega fixo un chamamento a atopar solucións para unha crise que está levando á desaparición a ducias de explotacións galegas, e que deixa en moi difícil situación a outros centos.
ACCIÓN CULTURAL
Acción Cultural abre o prazo de presentación de propostas didácticas en artes escénicas
A Concellería de Acción Cultural pon en marcha todos os anos un programa didáctico para o curso escolar que abrangue diferentes disciplinas. Para o programa de artes escénicas (teatro, monicreques, danza e circo) vén de abrir unha convocatoria de recepción de propostas. Todas aquelas empresas interesadas deben presentar os seus espectáculos (unha única proposta por empresa) ata o 27 de setembro no enderezo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal. De entre todas as recibidas, o Departamento de Acción Cultural...
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu os participantes no IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi os participantes no IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar, que se celebra na cidade do 10 ao 12 de setembro. Horas antes participou en Fonseca no seu acto inaugural.
ALCALDÍA
As rúas de Santiago de Compostela acollerán o 19 de setembro a III Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi unha delegación de Special Olympics Galicia, integrada polo seu presidente, Eladio Fernández; o vicepresidente, Marcelo de la Cruz; o xerente, Antonio Fuentetaja; e a directora técnica, Eunice Mosquera.
MOCIDADE
Santiago de Compostela, punto de parada en Galicia da xira "Xuventude Necesaria"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Mocidade, Noa Morales, reuníronse con representantes do Consejo de la Juventud de España.
ALCALDÍA
Concello e empresarios, da man na demanda das infraestruturas pendentes
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, reuníronse en Raxoi coa directiva da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, encabezada polo seu presidente, Jesús Chenel.
ALCALDÍA
Encontro en Raxoi para falar dos futuros usos e do paisaxismo do Monte do Gozo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Turismo, Marta Lois, reuníronse coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
ACCIÓN CULTURAL
O danés Jørgen Leth, protagonista dunha retrospectiva en Curtocircuíto 2015
Un dos elementos que conforman a identidade do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto son as súas retrospectivas, como a dedicada ao canadiano Mike Hoolboom o pasado ano. Nesta ocasión, o danés Jørgen Leth únese ao xa anunciado Aki Kaurismäki como cineasta ao que o festival homenaxea en 2015.
ALCALDÍA
Martiño Noriega aposta pola sistematización dunha axenda internacional para Santiago de Compostela que xere retornos para a cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Xulio Ríos. Foi unha primeira toma de contacto a fin de traballar na creación dunha axenda internacional específica para a cidade.
ALCALDÍA
Reunión en Raxoi co consello reitor do Mercado de Abastos de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a conselleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuníronse co consello reitor do Mercado de Abastos.