CONVIVENCIA
Suprimida a pintada da Colexiata de Sar
Os operarios de Urbaser eliminaron esta mañá as pintadas que apareceran no conxunto da Colexiata de Sar, en concreto no edificio anexo da igrexa que funcionara como colexio, e na porta da propia colexiata.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música ofrece tres concertos de Nadal para toda a familia
Este Nadal, a Banda Municipal de Música súmase á variada programación destas datas cun ciclo de tres concertos destinados á toda a familia e, en particular, ao público infantil. O calendario de actuacións –os domingos 13 e 20 de decembro e 3 de xaneiro- foi presentado en rolda de prensa polo director da Banda, Juan Miguel Romero Llopis, acompañado pola cantante Uxía Senlle; o director do coro Cantorum Compostellana Coniunctio, Anxo Abel; e o director da Banda de Gaitas de Forcarei, José Antonio Vidueiros, todos eles...
LINGUA
Santiago, Ames e Teo colaboran por vez primeira no concurso de Cartas de Nadal
Por vez primeira, os concellos de Santiago, Ames e Teo colaboran no concurso de Cartas de Nadal, que en Compostela vai xa pola súa cuarta edición. O obxectivo é animar aos máis novos a escribiren en galego as cartas nas que pidan os seus agasallos nas próximas festas.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello fará unha segunda edición de Consumo Conxo | Conxo Consume para responder á demanda do barrio
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, anunciou que a acción Consumo Conxo | Conxo Consume contará no 2016 cunha segunda edición para responder á demanda que houbo por parte de empresarios e comerciantes para participar nas diferentes actividades que se organizaron no barrio nas pasadas semanas.
POLÍTICAS SOCIAIS
A campaña Xunt@s Facemos Compostela continúa con dous novos obradoiros artísticos
No marco da campaña Xunt@s Facemos Compostela, coorganizada polo Concello de Santiago e a Asemblea de Cooperación pola Paz, desenvolveranse dous obradoiros artísticos para integrar e promocionar a interculturalidade nos barrios da cidade, en colaboración con La Taza Lunar.
ALCALDÍA
O alcalde abre unha nova xornada para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible 2014-2020
Numerosas entidades da cidade, grupos políticos, expertos en urbanismo e asociacións déronse cita este mércores no Auditorio de Galicia para seguir artellando a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible 2014-2020.
TURISMO
O concurso Santiago(é)tapas superou as 31.000 tapas consumidas
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro, valoraron moi positivamente os resultados da oitava edición de Santiago(é)tapas, que por primeira vez se organizou de maneira conxunta entre Turismo de Santiago e a Asociación. Na rolda tamén participou Javier Míguez, un dos organizadores do Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos Galegos, nova proposta para estas datas de Nadal.
CONVIVENCIA
O Goberno municipal renovará os vehículos da Policía Local de Santiago
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de poñer en marcha o procedemento necesario para renovar o parque móbil da Policía Local, coa dotación de nove novos vehículos a través do sistema de renting. A proposta irá ao pleno do próximo luns, porque así o sinala o regulamento ao tratarse dun pago que o Goberno local quere realizar en cinco anualidades.
CONVIVENCIA
Goberno local e Bombeiros reflexionan sobre a posible comarcalización do servizo
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia mantivo esta mañá unha xuntanza co Comité de Empresa dos Bombeiros e co xefe do Corpo, Xesús Martínez. Foi un máis dos encontros que Xan Duro vén mantendo co colectivo, co obxectivo de analizar a posibilidade de prestar un servizo de emerxencias de carácter intermunicipal.
DEPORTE
Entregados os premios da IV edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan
A IV Edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan chega á súa fin coa entrega de premios, que se produciu nunha gala celebrada no Auditorio de Galicia.