ALCALDÍA
O alcalde coloca a primeira pedra dun polígono de máis de 200 vivendas protexidas en Lamas de Abade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de colocación da primeira pedra das obras de urbanización do SUNP-12 de Lamas de Abade, no barrio do Castiñeiriño, polígono xestionado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA).
ALCALDÍA
O alcalde valora o impulso aos grandes retos da cidade en infraestruturas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou en rolda de prensa o estado actual dos que denominou como "os cinco grandes retos en infraestruturas" da cidade: a terminal de Lavacolla, o AVE, as autovías, a EDAR e a rede de colectores e a Cidade da Cultura.
DEPORTES
Deporte, cultura e natureza na inauguración da Compostela Cup do Camiño 2009
O alcalde e presidente da Fundación, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto inaugural Día da Árbore da Fase Final da Compostela Cup do Camiño 2009, organizada pola Fundación Compostela Deporte, co patrocinio de Xacobeo e Caixanova.
EDUCACIÓN
O Club de Cans de Familia chega á Escola de Verán para facerlle perder aos nenos o medo a estes animais
O Club de Cans de Familia Só lles falta falar participa na Escola Municipal de Verán para ensinarlles aos máis pequenos a perderlle o medo aos cans. O Club estará o luns 29, de 11:30 a 13:30 horas no CEIP de Fontiñas e, ao día seguinte, no mesmo horario, no Pío XII.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á Asociación Española de Técnicos Urbanistas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á xunta directiva da Asociación Española de Técnicos Urbanistas (AETU).
ALCALDÍA
O Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación formou un curso máis a conservadores e xestores de centros históricos
No Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, clausurou o Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación 2008/2009.
TURISMO
A nova xerente de Incolsa imponse como reto máis inmediato o mantemento económico e sostible da entidade
O concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a nova xerente de Incolsa, Maruxa Ledo. Elixida entre 34 candidatos, fixou como o seu primeiro reto para os vindeiros meses "o mantemento económico e sostible da entidade, sempre en base á calidade".
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Éxito de público nas representacións para os veciños da obra de teatro "Dormes?"
O Teatro Principal acolleu dúas representacións da obra Dormes?, do autor e director Miguel Carbajal. Este espectáculo incluíase do programa Imos ao Teatro, no marco das actividades de verán impulsadas pola Concellería de Participación Cidadá.
CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS
O Concello prega desculpas aos veciños polas molestias a causa das obras en Amor Ruibal
As obras que se están a levar a cabo para a construción do túnel do Hórreo obrigaron a realizar na noite do mércores 24 un corte temporal de tráfico na rúa Amor Ruibal. Os traballos, que teñen que ver coa rede de abastecemento de auga, comezaron as 22:00 horas e remataron as 5:30. O xoves 25 realizarase un novo corte tamén en horario nocturno que comezará ás 22:00 horas e que se axilizará todo o posible co fin de minimizar as molestias.
TURISMO
Comeza o II Concurso "Santiago(é)Tapas"
Do 25 de xuño ao 12 de xullo poderán percorrerse cinco rutas con 50 estabelecementos para probar 109 tapas grazas ao II Concurso Santiago(é)Tapas. Este evento de promoción da gastronomía galega en Compostela conta xa coa súa páxina de Facebook.