PLENO
A concelleira de Circulación Viaria recorda que as 14 obras en marcha coinciden por "razóns alleas ao Goberno municipal"
A concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, compareceu a petición propia na sesión ordinaria do Pleno municipal para explicar os problemas de tráfico derivados das obras que están en marcha na cidade. En total son 14 as obras en marcha, que supoñen un investimento de 40 millóns de euros.
ALCALDÍA
Lista en Pontepedriña a terceira residencia pública para maiores da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a nova residencia da terceira idade de Pontepedriña, construída pola Fundación José Otero-Carmela Martínez. Precisamente, o seu promotor acompañou ao alcalde no percorrido polas instalacións, levantadas nunha parcela cedida polo Concello e que xestionará a Xunta.
FESTAS
Santiago e Padrón, dúas vilas unidas polo Apóstolo dende hai 1.197 anos
Como cada edición das festas do Apóstolo, o municipio veciño de Padrón tivo o seu día. Correspondendo á última visita compostelá nas festas da Pascua de Padrón, esta vez foi a Corporación padronesa a que se desprazou a Santiago, encabezada polo seu alcalde, Camilo Forján.
FESTAS
O Toural recibe aos romaneses Nightlosers, un grupo de blues con raíces do seu folk natal
O grupo romanés de blues Nightlosers serán os principais protagonistas dunha nova xornada das festas do Apóstolo. Será unha sesión moi especial na que, ademais de música, haberá mímica.
BENESTAR SOCIAL
Os educadores de rúa seguen a promover a participación comunitaria nos barrios
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, explicou as actuacións que se están a facer no marco do Programa de Educación de Rúa. Na nova edición desta iniciativa e unicamente cun mes de andaina, xa a están a participar unhas 100 persoas só no barrio de Conxo, pero iranse incorporando moitas máis nas vindeiras semanas e en máis barrios como Fontiñas (xa iniciou a fase de captación), Amio, San Lázaro, Ensanche, Santa Marta, Choupana, A Rocha e Volta do Castro.
CIDADE HISTÓRICA
Comezan as visitas arqueolóxicas guiadas á fonte atopada na zona de San Clemente
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou as Visitas Arqueolóxicas Guiadas que se farán á fonte atopada na zona de San Clemente. Fíxoo acompañada da arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro. A fonte atopouse no mes de abril, no transcurso das obras de reurbanización da rúa de San Clemente, a uns dous metros de profundidade e, vista a súa relevancia, a concelleira anunciara que se farían estas visitas explicativas, ás que pode asistir calquera cidadán ou visitante.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto das obras de saneamento en Sarela de Abaixo
A Xunta de Goberno, reunida en sesión ordinaria, aprobou o proxecto e iniciou o proceso de contratación das obras de saneamento en Sarela de Abaixo. Tamén en materia de contratación, prorrogouse tres semanas o prazo de remate das obras da avenida de Castelao e impuxéronse penalizacións por retrasos na actuación na calzada de Santo Antonio.
FESTAS
Mark Knopfler leva os acordes do seu último traballo ao Multiusos de Sar
Celébrase en Santiago o Día de Padrón. A comitiva do consistorio padronés realizará unha visita institucional ao Pazo de Raxoi, onde se levará a cabo unha recepción cos membros do goberno compostelán. Xa pola noite, terá lugar unha das actuacións de maior peso e máis agardadas dentro do programa de festas do Apóstolo, Mark Knopfler.
ALCALDÍA
O ministro de Fomento garante ao alcalde o cumprimento dos prazos nas obras en marcha en Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu en rolda de prensa para indicar que recibiu do ministro de Fomento, José Blanco, o compromiso de que se van cumprir os prazos nas obras en marcha en Santiago. "Ningunha obra se vai retrasar nin sufrir ralentizacións", apuntou.
SEGURIDADE CIDADÁ
Dez barrios da cidade contarán con máis de 2.500 prazas de estacionamento gratuítas reservadas para residentes
A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, presentou a proposta que elevará á Xunta de Goberno Local para dotar a dez áreas da cidade de zonas específicas para o estacionamento de residentes, tal e como se establece na Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo ORA. En total serán 2.172 prazas permanentes e 398 nocturnas, de carácter gratuíto para os residentes.