CONVIVENCIA

Máis de 800 nenos e nenas pasarán nestes días pola Alameda para participar nas actividades da Semana da Prevención de Incendios

06/06/2024

Máis de 800 escolares de Santiago pasarán hoxe e mañá pola Alameda, para participar nas actividades da Semana de Prevención de Incendios organizada polo Servizo Municipal de Extinción, a Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros. O obxectivo do programa é sensibilizar á veciñanza e mostrar as claves para reaccionar diante de situacións de emerxencia.

Ler máis
Compartir: