IGUALDADE, TURISMO E COMERCIO

Arranca unha nova edición de Compostela Diversa co fin de dar visibilidade á realidade LGTBI

23/05/2024

Preto de 200 establecementos comerciais, hoteleiros e hostaleiros da cidade participan na campaña de difusión e visualización da realidade LGTBI no marco da iniciativa Compostela Diversa, que ofrece un ano máis un amplo programa de actividades lúdicas e de reflexión. Varios puntos da cidade contarán con iluminación e decoración especiais desde o 27 de maio ata o 30 de xuño. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta esta mañá en rolda de prensa de todas as actividades programadas para esta...

Ler máis

DEREITOS DOS ANIMAIS

O Padroado da Fundación Refuxio de Animais decidirá propostas de actuación para mellorar as instalacións e buscar fondos económicos entre os 10 concellos que o integran

23/05/2024

A Fundación Refuxio de Animais reunirá este venres 24 de maio o seu padroado para analizar e decidir propostas de intervención que determinarán as prioridades de mantemento das instalacións, cos recursos técnicos e humanos necesarios, ademais da posta en marcha dunha campaña para sensibilizar mediante unha publicación sobre tenza responsable e adopción de animais.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

A Banda Municipal de Música inicia o terceiro ciclo de 'Postais' para viaxar a través da música

23/05/2024

A Banda de Música Municipal de Santiago arranca o tetceiro ciclo de concertos da temporada que se desenvolverán ata o 27 de xullo, coincidindo coas festas do Apóstol. En total a BMSC ofrecerá nove propostas ao aire libre para un público variado que comenzará o vindeiro xoves 30 de maio ás 21 horas na Catedral co concerto "dende a lembranza", in memoriam do trombonista Dani Portas falecido o pasado mes de febreiro.

Ler máis

FESTAS

Mañá comeza a V edición da Festa do Banquete de Conxo con actividades de descuberta da natureza e os tradicionais Cantos de Taberna

23/05/2024

As celebracións da V edición da Festa do Banquete darán comezo mañá co paseo literario "as voces do bosque", guiado polo escritor Quique Alvarellos, e un Escape Room co que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. Pola tarde terán lugar os obradoiros de baile tradicional e de Cantos de Taberna co posterior percorrido polos bares do barrio para interpretar as diferentes pezas. O día grande das festas será o domingo 26 de maio, cunha romaría popular aberta a...

Ler máis
Compartir: