MEDIO AMBIENTE
O faladoiro "Arredor da economía circular" convoca en Compostela á ciencia e ao humor
O evento celebrarase o 2 de decembro no Teatro Principal e nel participará Manuel Vicente, Eva Quiroga, Fran Rei e Pedro Brandariz. A actividade forma parte do proxecto #EuCompost_ela, presentado hoxe polo Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Consumidores de Galicia
TURISMO
Santiago promociónase en Barcelona como destino de turismo de reunións
O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB) manterá máis de 35 reunións con organizadores de encontros profesionais no IBTM World, entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a licenza de obras para o edificio comercial e unidade de subministro de carburantes en Brandía, conforme establece a Lei de Hidrocarburos
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe adxudicar á empresa Carburantes Lugo, SL, licenza de obras para edificio comercial e unidade de subministro de carburantes desatendida no Paseo de Esvedro- Paseo de Amaia, en Brandía, que conta cun orzamentos de execución material de 246.588,06 euros. Unha licenza que se concedeu, segundo sinalou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, por "unanimidade e por obrigación".