PROMOCIÓN ECONÓMICA
O proxecto europeo TRAFAIR permitirá instalar 10 sensores de calidade do aire nas zonas de máis intensidade de tráfico de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pechou hoxe o acto de apertura da xornada do proxecto TRAFAIR, celebrada no edificio Cersia Empresa, no que destacou a importancia da calidade do aire na saúde da cidadanía e a incidencia do tráfico no mesmo. A través deste proxecto, en Compostela instalaranse 10 sensores de calidade do aire nas zonas de máis intensidade de circulación. Isto proporcionará unha imaxe en tempo real das condicións do aire nos momentos de maior conxestión do tráfico, para así...
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, acontecido en Toledo e Granada.
ALCALDÍA
A exposición "Deconstruír o franquismo" poderá verse na Alameda ata o 6 de febreiro
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os voceiros dos grupos municipais do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; de Compostela Aberta, Martiño Noriega; e do BNG, Goretti Sanmartín; asistiron hoxe á inauguración da exposición "Deconstruír o Franquismo en Santiago de Compostela", que se poderá ver no Paseo Central da Alameda ata o 6 de febreiro.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio presenta en Fitur o Plan de acción anual con Paradores
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España desenvolven, como vén sendo habitual, un programa conxunto en Fitur, onde celebrarán a súa Asemblea xeral e presentarán o Plan de acción anual con Paradores. A ambos eventos, que terán lugar o venres 24 de xaneiro, asistirá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.