DEPORTES
O pavillón municipal do Restollal acolle este sábado a XXXVII edición da Copa Galicia Feminina de Voleibol
02/01/2020
Ler máis
O concelleiro accidental de Deportes, Gonzalo Muíños, e o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, presentaron este xoves a XXXVII edición da Copa Galicia Feminina de Voleibol, que se celebrará este sábado, 4 de xaneiro, no pavillón municipal do Restollal. O Concello colabora coa FGV e co Club Voleibol Santiago na organización desta festa do voleibol galego. A entrada é de balde.
EDUCACIÓN
Continúa aberta a convocatoria da VII edición do programa pedagóxico "Aula de Patrimonio"
02/01/2020
Ler máis
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España mantén aberta a convocatoria da sétima edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, no marco do curso escolar 2019-2020, destinado a estudantes das 15 cidades membros da rede. A Concellaría de Educación de Santiago xa fixo chegar a convocatoria aos centros da cidade.