CONSORCIO
A RFG ofrece "Romeo e Xulieta" con monicreques para escolares e familias
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a escolares, o xoves 16 e o venres 17, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público familiar. A batuta dos tres concertos levaraa o mestre Maximino Zumalave, director asociado da RFG. Os máis pequenos terán a oportunidade de desfrutar co Romeo e Xulieta de Shakespeare e música de Serguéi Prokófiev, xunto aos monicreques da compañía Per Poc.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local de Santiago realizará controis das condicións dos vehículos durante a vindeira semana
A Policía Local vaise sumar a unha nova campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Desta vez, realizaranse controis das condicións dos vehículos entre o 20 e o 26 de xaneiro.
ALCALDÍA
A redución do período de pago a 28,6 días permitirá ao Concello destinar superávit a financiar actuacións de cara ao Xacobeo 2021
O Goberno municipal presentará a vindeira semana aos grupos municipais e á Comisión de Coordinación do Xacobeo 2021 a primeira parte das actuacións vinculadas ao próximo Ano Santo, que se acometerán no ámbito do Casco Histórico. Así o anunciou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen indicou que o cumprimento do período medio de pago permitirá que boa parte do superávit dos orzamentos de 2019 se poida destinar a estas e outras actuacións con vistas ao Xacobeo, contemplándoas...
ALCALDÍA
O alcalde destaca a calidade do ensino impartido no Xelmírez I na inauguración dos actos do 175 aniversario do centro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe á inauguración dos actos do 175 anos aniversario do IES Xelmírez I. O rexedor destacou a vinculación da historia deste instituto coa historia de Compostela e a calidade do ensino impartido dende que se creou. Tamén incidiu na importancia de "formar as persoas en valores, en compromisos co idioma e coa cultura, en valores que nos permiten –sinalou- manternos ao longo da vida nun mundo en permanente cambio".
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece mañá sábado un concerto para o público familiar que servirá para visibilizar a Agadea
A Real Filharmonía de Galicia celebra mañá sábado, 18 de xaneiro, un novo novo concerto dentro do proxecto RFG Solidaria, centrado na colaboración con varias ONGs galegas e da cidade que loitan por diferentes causas. Este concerto familiar estará dedicado a visibilizar o traballo que desenvolve Agadea, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais de Santa Marta e do Romaño exhiben en xaneiro a obra pictórica de Fran Riveiro
Os centros socioculturais do Romaño e de Santa Marta acollen durante este mes de xaneiro dúas exposicións do artista compostelán Fran Riveiro Calviño. Trátase dunha compilación de láminas con café como pigmento principal, rematadas con toques de tinta, pastel e/ou grafito.
PROXECTOS EUROPEOS
O Concello substituíu 2.558 puntos de luz graza ao programa de axudas do IDAE
O Programa de Axudas para Actuacións de Reforma de Instalacións de Iluminación Exterior Municipal, posto en marcha polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), permitiu ao Concello de Santiago a reforma de 2.558 puntos de luz. O Goberno local beneficiouse da concesión dun préstamo reembolsable por importe de 1.465.164,18 € co que executou as catro fases destas actuacións de renovación de iluminación. Este programa está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro...
TURISMO
Santiago e Vilagarcía celebrarán conxuntamente o 90 aniversario da "Praia de Compostela" coincidindo co Ano Santo 2021
Compostela e Vilagarcía de Arousa colaborarán na difusión de Galicia como destino turístico. Acordárono este venres nunha reunión o concelleiro de Turismo de Santiago, e delegado do Ano Santo 2021, Sindo Guinarte, e o concelleiro de Turismo de Vilagarcía, Álvaro Carou.