MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Departamento de Educación Viaria da Policía Local leva a campaña "Ti controlas, ti decides" ás aulas de Bacharelato
"Ti controlas, ti decides" é o lema da campaña que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local está levando ás aulas 1º de Bacharelato dos institutos da cidade durante este mes de xaneiro. A actividade está deseñada especificamente para estes mozos e mozas, próximos/as á idade de obtención do carné de conducir, proporcionándolles información de primeira man sobre as causas polas que se producen os accidentes de tráfico, os factores que interveñen e as...
ALCALDÍA
O Concello e o Colexio de Médicos da Coruña colaborarán para converter o casco histórico nunha "zona cardioprotexida"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, e o seu vicepresidente primeiro, Francisco Javier de Toro. No encontro falaron de dúas posibles colaboracións, unha para converter o casco histórico de Santiago nunha "zona cardioprotexida" e outra para impulsar un plan para mellorar a información da mocidade en torno ás enfermidades de transmisión sexual.