ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal programa 21 concertos no seu Ciclo de Inverno

13/01/2020

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o Ciclo de Inverno da Banda Municipal de Música de Santiago, acompañada do director da formación, Casiano Mouriño. A Banda ofrece un programa de 21 actuacións no que non faltan novas colaboracións, concertos didácticos e para maiores e actuacións especiais.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba 86 novas actuacións subvencionables en varias fases das ARI da cidade

13/01/2020

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, deu o visto bo á prórroga e modificación dos acordos de Comisión Bilateral vixentes relativos ao Plan de Vivenda 2013-2016. Isto supón a prolongación de varias fases das áreas de rehabilitación integral (ARI) da cidade e ampliación a 86 novas actuacións subvencionables incluídas nas mesmas.

Ler máis
Compartir: