EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberto o prazo de presentación de traballos para a undécima edición dos premios Educacompostela
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou esta mañá a XI edición dos premios Educacompostela, organizados polo Departamento de Educación e Cidadanía e Nova Escola Galega. Na rolda estivo acompañado da súa presidenta, Mariló Candedo.
POLÍTICAS SOCIAIS E DEPORTE
O ciclismo inclusivo chega a Santiago da man dunha nova edición da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics
A edila de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe dunha nova edición da Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade intelectual que organiza Special Olympics Galicia. Na presentación da iniciativa estivo acompañada polo xerente de Special Olympics Galicia, Antonio Fuentetaja, e o deportista de ASPAS, Jesús Cabo.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal inaugura o curso cunha Gala Lírica en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera
A Banda Municipal de Música de Santiago inicia o Ciclo de Outono este sábado cunha "Gala Lírica & Antoloxía de Zarzuela". Presentárona esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director da Banda, Casiano Mouriño; e Jesús Couceiro, presidente da Asociación de Amigos da Ópera, xa que o evento faise en colaboración coa asociación.
CONSORCIO
O 15 de outubro remata o prazo para inscribirse nas probas de acceso ao Curso de Especialización Instrumental 2018-2019 da EAEM
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2018-2019. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse en diversos instrumentos. Na convocatoria do pasado mes de xuño non se cubriron as especialidades de violín, violoncello e contrabaixo, polo que se pon en marcha unha convocatoria extraordinaria.
CONVIVENCIA
A Policía Local realiza unha campaña de control do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil
Desde hoxe, un de outubro, e ata o próximo día 7, a Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil, no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico.