IGUALDADE
O Concello presenta a campaña "En negro contra as violencias" no Parlamento Europeo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentará mañá martes no Parlamento Europeo a campaña Galicia en negro contra as violencias machistas. A iniciativa, posta en marcha hai tres anos polo Concello de Santiago, chega nesta ocasión a 72 concellos de toda Galicia e case 3.000 establecementos.
LINGUA
Máis actividades para pequenos e pequenas en novembro da man do Apego
O mes de novembro chega cargado de actividades para os pequenos e pequenas da casa no marco do programa Apego. Ademais das propostas ligadas ao Samaín, haberá teatro, música, contacontos e baile.
ALCALDÍA
Reunión en Raxoi do alcalde co presidente da S.D. Compostela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, reuníronse co presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro, e co responsable de Relacións Institucionais da entidade, Ramón Castro.
SOLIDARIEDADE
O Fondo Galego de Cooperación conmemora os seus 20 anos cun grande acto festivo e reivindicativo
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Santiago, conmemora os seus vinte anos de andaina cun gran acto que combinará a reivindicación da loita contra a pobreza e a defensa dos Dereitos Humanos con actividades de carácter lúdico para concienciar fronte as desigualdades. Preto dun cento de representantes de concellos galegos, da Xunta e de fondos de cooperación doutras comunidades autónomas, entre outros, confirmaron xa a súa presenza na xornada, que se desenvolverá o vindeiro xoves, 9 de...
ACCIÓN CULTURAL
"La villa", de Robert Guédiguian, abre a 31ª edición de Cineuropa
O festival Cineuropa inaugura mañá martes a súa 31ª edición. A cerimonia de apertura terá lugar ás 20:00 horas no Teatro Principal compostelán e será conducida por José Luis Losa, director do certame, quen presentará a programación dispoñible durante este mes de novembro.