DEPORTES
O Pazo de Raxoi recibe a selección de fútbol sala de Vietnam
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, recibiu os xogadores vietnamitas que desputarán esta tarde un partido amistoso contra o Santiago Futsal. A entrada será gratuita e haberá inchables do Multixogo.
NORMAILIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Ceas solidarias e dinamización lingüística da man dos comerciantes da zona vella
A Irmandade de Estudantes de Santiago de Compostela, coa colaboración da Concellería de Normalización Lingüística, presenta o programa "Vive a Paixón con compaixón", unha actuación de dinamización lingüística solidaria que, xunto co uso do galego nas manifestacións da paixón, busca doar ceas para a cociña económica de Santiago de Compostela durante a Semana Santa e a Pascua 2014. A concelleira Rebeca Domínguez presentou o programa en rolda de prensa.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello acometerá a renovación de 42 equipamentos deportivos ao aire libre
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentou o Plan de mantemento de instalacións deportivas ao aire libre, que executará a empresa Cespa como mellora dentro do contrato de parques e xardíns. En virtude deste plan, realizarase a renovación de 42 pistas e o mantemento de 54.
TURISMO
Santiago acolle esta primavera gravacións de televións británicas, xaponesas e malaias
Nos próximos meses emitiranse documentais sobre Santiago na BBC británica, na NHK xaponesa e na Astro malaia. Turismo de Santiago, a través da Santiago de Compostela Film Commission, busca promocionar a cidade mediante as produccións audiovisuais.