DEPORTES
O I Trofeo Atletismo Fontes do Sar reunirá 600 escolares no estadio da Universidade
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, acompañado polo presidente do Club Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey, presentou o I Trofeo Atletismo Fontes do Sar, que se disputará o sábado 23 de marzo, a partir das 9:30 horas, no estadio de atletismo da Universidade. Serán probas en pista para escolares e servirán para realizar un control federado de marcas.
CULTURA
Omar Argentino Galván presenta "Solo de impro" no ciclo Teatro & Danza
Omar Argentino Galván, un clásico internacional en improvisación, presenta Solo de impro dentro do ciclo Teatro & Danza. Será o domingo 24 de marzo, ás 20:00 horas, na Zona C.
EDUCACIÓN
Os nenos tocaron improvisados instrumentos para doar ceas á Cociña Económica
A concelleira de Educación, María Castelao, participou na praza de Praterías en Percusionatta, unha iniciativa solidaria incluída no programa Paixón Escolar e Social, que promove a Irmandade de Estudantes en colaboración co Concello de Santiago.
TURISMO
Os hoteis da cidade poderán integrar ferramentas web de Turismo de Santiago para ofertar servizos de balde aos usuarios
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, presentaron os novos servizos web que a empresa municipal de promoción turística porá gratuitamente a disposición dos aloxamentos da cidade para que nas súas propias páxinas web poidan ofertar servizos complementarios aos seus usuarios.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
María Pardo explicou os proxectos da súa área ao Consello de Relacións Veciñais
Celebrouse unha nova xuntanza do Consello de Relacións Veciñais, no que, a proposta dos representantes veciñais da zona urbana, compareceu a concelleira responsable da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible, María Pardo, co fin de presentar os seus proxectos e escoitar suxestións.