ALCALDÍA
Santiago e Oroso estudarán a viabilidade de retomar o proxecto da Vía Verde
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o rexedor de Oroso, Manuel Mirás, co que falou dalgúns proxectos compartidos entre os dous municipios limítrofes. En particular, existe interese de ambas partes en retomar o proxecto da Vía Verde que uniría Santiago e Ordes aproveitando o antigo trazado ferroviario.
XUNTA DE GOBERNO
Cambio na prestación do servizo de transporte urbano entre o Polígono do Tambre e a cidade
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a subscrición do contrato de servizo de transporte urbano de viaxeiros ao Polígono do Tambre. Tamén se iniciou o procedemento para contratar unha empresa externa que xestionará o cobro das infraccións en materia de disciplina urbanística.
CULTURA
"Luminosa nostalgia" desembarca no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro & Danza
Tras o seu recente paso polas madrileñas Naves do Español, aterra no Teatro Principal Luminosa nostalgia, a última de Sudhum Teatro, unha produtora madrileña co corazón posto en Galicia. Será os días 8 e 9 de febreiro, ás 21:00 horas, cando o Teatro Principal abra as súas portas para recibir esta montaxe do dramaturgo galego Gustavo del Río, que nesta ocasión presta especial atención á súa terra natal. Presentaron a montaxe teatral o director-xerente do Auditorio de Galicia, José...