FESTAS
Os Xenerais da Ulla encabezarán a cabalo un desfile de Antroido con participación activa dos centros socioculturais
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou a programación do Antroido 2013. Nesta edición, as novidades principais son a implicación dos Xenerais da Ulla no desfile do martes e a participación activa dos centros socioculturais. Baixa o orzamento, pero non os premios nin as actividades dun Antroido que quere implicar máis que nunca os veciños e veciñas de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde quere que a Semana Santa de Santiago se siga asentando coma un atractivo turístico máis da cidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse coa Xunta de Confrarías de Santiago, encabezada polo seu presidente, Manuel Souto. No encontro falouse da programación da Semana Santa, que se abrirá co pregón do 16 de marzo en San Paio. Os contidos desta celebración serán presentados en Raxoi o 14 de febreiro.
VÍAS E OBRAS
O Concello inicia as tarefas de desentullo na rúa de Betanzos
A Brigada de Vías e Obras comezou as tarefas de desentullo na rúa de Betanzos, onde na mañá do sábado 19 de xaneiro se producía o desprendemento dun talude e o enterramento dun vehículo estacionado na devandita rúa. Estes traballos permitirán ademais o acceso ao garaxe bloqueado por este desprendemento e a saída dos sete coches.
URBANISMO
Santiago acollerá en marzo unha xornada de arqueoloxía en torno ás Cidades Patrimonio
A Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, na que participou a concelleira de Urbanismo, María Pardo, acordou a celebración en Santiago, a mediados de marzo, dunha Xornada de Arqueoloxía. Ademais, acordouse realizar máis estudos sobre o impacto e control da sobrepoboación de aves en áreas urbanas.
CONSORCIO
Unha nova publicación estuda a relación da Igrexa co Pontificado na Idade Media
O alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Currás, asistiu á presentación do libro A Igrexa de Santiago e o Pontificado na Idade Media (1140-1417), de Xosé M. Sánchez Sánchez, editada polo Consorcio e a Universidade de Santiago.
CULTURA
Christina Rosenvinge repasa 30 anos de carreira no ciclo Íntimo & Acústico
Con 30 anos de carreira, Christina Rosenvinge bota a vista atrás e abre os caixóns para volver mostrar as cancións das que máis orgullosa sente. Faino abrindo o ciclo Íntimo & Acústico neste ano 2013, cun concerto o xoves 7, a partir das 21:00 horas, no Teatro principal. Neste concerto, no que estará acompañada por Aurora Aroca e Raúl Fernández, tamén ofrecerá novas gravacións expresamente rexistradas para o seu último traballo, o recompilatorio Un caso sin resolver, editado a finais...
ALCALDÍA
O Museo do Pobo Galego exhibe os traballos premiados nas últimas tres edicións do certame bienal "Fototraballo"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e os concelleiros Amelia González e Luis Bello asistiron á inauguración da exposición fotográfica colectiva Fototraballo_07_09_11. A mostra reune os traballos premiados nas tres últimas edicións de Fototraballo, certame bienal de fotografía que convoca a Fundación Nortempo. A exposición estará aberta no Museo do Pobo Galego ata o 31 de marzo