DEPORTES
Santiago acolle esta fin de semana a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo (IV Memorial Eulo Albert), que se disputará nos circuítos habilitados no Monte do Gozo e no Estadio de San Lázaro o sábado 2 e o domingo 3 de marzo. Máis de 200 pilotos participarán nesta competición, que Santiago acolle por primeira vez.
COMERCIO
Santiago conta con 3.879 locais comerciais, dos que 2.706 teñen actividade
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da técnico responsable de Comercio, Lucía Castro, e de Roi Fernández, da empresa Mantelnor Servizos Especializados, presentaron no Pazo de Raxoi un avance do Censo de locais comerciais, que o Concello está elaborando para coñecer con precisión a situación dos locais comerciais, o seu número, as súas características, se están ocupados ou non e, nos casos nos que están sen ocupación, cales son as causas.
ALCALDÍA
A USC informa a Ángel Currás sobre a marcha do seu programa ponte entre o ensino medio e a universidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación da USC, Francisco R. Durán, e co catedrático director do programa A ponte entre o ensino medio e a USC, Luis Hervella.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Paul Daniel antes da súa estrea como director da Real Filharmonía
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, o día antes de que a formación ofreza o primeiro concerto baixo a súa dirección.
CULTURA
The New Raemon e Ruben Pozo, dúas novas propostas do Intimo & Acústico na Zona C
Tinieblas, por fin, de The new Raemon, é o resultado de varias tensións superpostas e é sobre todo Ramón mirándose ao espello e mirando ao exterior, un traballo do que poderemos disfrutar o xoves día 28, ás 21:00 horas, na zona C, dentro do ciclo Íntimo & Acústico. E xa o mércores 6 de marzo, tamén ás 21:00 horas, Rubén Pozo presenta Menos es más.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe á Galicia Histórica, a segunda do programa "Imos de excursión"
A segunda das viaxes do programa municipal Imos de excursión, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, celebrarase o domingo 17 de marzo, con destino á Galicia Histórica. O prazo para inscribirse nesta excursión ábrese o xoves 28 de febreiro.
CULTURA
Miguel Lago presenta o seu espectáculo "Soy un miserable" dentro do ciclo Falabaratos
Tras o cheo do Teatro Principal con Joaquín Reyes,o ciclo Falabaratos trae agora a Miguel Lago, que presenta o seu espectáculo Soy un miserable. Será o xoves 7 de marzo ás 20:00 horas.
ALCALDÍA
Visita ás instalacións do Consello Regulador da IXP Ternera Gallega en Amio
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Mercados, Reyes Leis, visitaron as instalacións do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega no Recinto Feiral de Amio.