URBANISMO
A actuación de urxencia da Brigada na rúa Virxe Branca motiva un pequeno cambio do proxecto e unha nova adxudicación
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, comunicou que as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca comezarán en canto se adxudique o proxecto modificado das mesmas, o cal será posible unha vez se dispoña dos remanentes orzamentarios. A edil agarda que esta incorporación se produza nos vindeiros días, tras a que se iniciará un procedemento de urxencia para adxudicar a obra.
ALCALDÍA
O Concello solicita a Adif que se faga cargo da reparación e mantemento da pista de acceso á estación da Susana (Marrozos)
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, mantiveron unha reunión co xerente da Área de Servizos Loxísticos do Noroeste de Adif, Nicanor Álvarez; coa súa delegada de Patrimonio e Urbanismo de Asturias e Galicia, Celina Matías; e co seu xefe de Patrimonio, Víctor Alonso, para falar da situación da pista que dá acceso á estación da Susana, na parroquia de Marrozos, dende a estrada AC-960. Acordouse o estudo e posterior sinatura dun convenio, xa redactado...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reactiva o Centro de Interpretación de Belvís
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria aprobou a adxudicación do servizo de organización de actividades no Centro de Interpretación do Medio Urbano e Natural de Belvís. Ademais, deu o visto bo á adhesión do Concello a un convenio entre a FEMP e diversas entidades de crédito para a creación dun fondo social de vivendas.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Concellería de Normalización Lingüística únese ás celebracións con motivo do Día Internacional da Lingua Materna
A Rede de Dinamización Lingüística, da que forma parte o Concello de Santiago, sumouse á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola UNESCO en 1999 para promover a transmisión interxeracional das linguas non maioritarias e, deste xeito, salvagardar a diversidade lingüística mundial. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou na celebración central desta efeméride, en Arteixo, e posteriormente noutro acto realizado no CEIP López...
CULTURA
Ana Moura presenta o seu novo disco, "Desfado", dentro do ciclo Sons’13
A fadista Ana Moura chega a Compostela para presentarnos o seu último traballo, Desfado, dentro do ciclo Sons’13. Será o venres 22 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Despois de Ana Moura teremos no ciclo a Amancio Prada presentando ‘3 Libertarios’ o sábado 2 de marzo no Teatro Principal.