FESTAS
Aberto o prazo de inscrición no desfile-concurso do martes de Entroido
Xa está aberto o prazo para inscribirse e participar no desfile-concurso do Entroido 2013, que terá lugar o martes 12 de febreiro. Repartiranse 12.200 euros en premios.
PLENO
O Pleno aprobou a modificación puntual do PXOM que permitirá graduar as obras permitidas nos inmobles fóra de ordenación
O Pleno da Corporación abordou na súa sesión ordinaria de xaneiro varios asuntos en materia urbanística, entre os que salientou a aprobación inicial da modificación puntual da normativa urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aplicable ás situacións fóra de ordenación e o visto bo definitivo ao cambio do Plan especial de protección do patrimonio construído no ámbito coñecido como as Casas de Ramírez. A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informara...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello contratará un servizo para realizar as medicións de ruídos
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o expediente para contratar o servizo de medición de ruídos derivados de actividades de carácter comercial, industrial ou de calquera outra fonte de ruído no termo municipal de Santiago. Ademais, abriu o proceso de contratación do servizo de conserxería e limpeza de varias instalacións municipais e prorrogou o contrato de mantemento da sinalización horizontal e vertical.
CULTURA
Cancelado o concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista
M Poveda Producciones S. L. informou esta mañá da suspensión do concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista. O concerto estaba previsto para este sábado, 2 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Sons’13.
PLENO
Paula Prado formalizou a renuncia como edil
Na sesión ordinaria de xaneiro do Pleno, a concelleira popular Paula Prado formalizou a súa renuncia como edil. Nunha vindeira sesión tomará posesión como novo concelleiro o número 15 pola lista do Partido Popular nas eleccións locais de 2011, Luis Meijide.