CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o verán" aposta pola conciliación e lévaa tamén ás parroquias do rural
O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou o programa Vive o verán 2012, que de desenvolverá durante os meses de verán en centros socioculturais e noutros espazos da cidade. A iniciativa, que comprende un total de 15 actividades, aposta pola conciliación familiar e laboral e por levar tamén a diversión aos centros do rural.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais programa concertos en diferentes lugares de Santiago
Os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán este días de xuño un ciclo de concertos en diferentes lugares singulares de Santiago. A iniciativa, chamada A Escola na cidade, inclúe un concerto da orquestra de cámara no Teatro Principal e seis concertos de cámara no Hostal dos Reis Católicos, na igrexa da Universidade, no Paraninfo e no Centro Galego de Arte Contemporánea. O ciclo é froito da colaboración entre o Concello e o Consorcio de Santiago, co apoio da USC, o CGAC e o Hostal dos Reis...
BENESTAR SOCIAL
As bolsas de comedor escolar introducen unha modalidade adicional de conciliación
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, deu conta das bases para solicitude de bolsas de comedor escolar para o curso 2012-2013. Nesta convocatoria introdúcense novidades nos baremos e inclúese unha modalidade específica de conciliación. O prazo de solicitude será de dez días hábiles dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
PERSOAL
Amelia González di que na redución no capítulo de persoal "só se van tocar as gratificacións por xubilación"
A concelleira de Persoal, Amelia González, explicou en rolda de prensa a última proposta municipal aos sindicatos para reducir os 350.000 euros previstos polo Plan de Axuste para o capítulo de persoal. Indicou que a redución "só afectará aos traballadores municipais na redución nun 60% das gratificacións por xubilación".
ALCALDÍA
O alcalde afirma que a feira de gando ten un futuro asegurado coas inversións necesarias e facéndoa compatible con outros eventos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, referiuse ao futuro do mercado de gando de Amio tras a recente reunión mantida co responsable da concesionaria, Raul López. Afirmou que nesta xuntanza atopou "comprensión e colaboración" e a disposición da empresa a asumir os investimentos necesarios nas instalacións.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cheo na igrexa da Universidade para o concerto final de Compostela Cine Classics
O programa Compostela Cine Classics pechou á súa primeira edición cun concerto que colgou o cartel de aforo completo, con case 200 persoas, na igrexa da Universidade. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, non quixo perderse este concerto especial.
BENESTAR SOCIAL
Máis de 500 persoas de toda Galicia viviron unha xornada de convivencia e integración
Celebrouse no recinto feiral de Amio a Xornada de convivencia en prol da integración, coordinada polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte. Máis de 500 persoas de toda Galicia (familias, usuarios, profesionais e voluntarios), puideron vivir esta xornada participando conxuntamente en diversas actividades deportivas e lúdicas.
CULTURA E MEDIO AMBIENTE
Os lucenses Holywater protagonizan o concerto de presentación da Romaría Pop
Holywater, rockeiros lucenses, ofrecen o martes 12 un concerto na Zona "C" co que se presentan a Romaría Pop, que se celebra o sábado 16 de 13:00 a 23:00 horas. O concerto, que comezará ás 21:30 horas, contará tamén coa música bizarre dos lucenses Mullet. As entradas poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal e na Reixa Tenda, ademais de na billeteira da propia Zona "C".