ALCALDÍA
O Concello acomete melloras viarias en Grixoa e Barciela e no contorno do Centro Sociocultural de Marrozos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, acompañado polos concelleiros de Infraestruturas, María Castelao, e de Medio Rural, Luis Bello, visitou as obras de mellora realizadas en vieiros da Barciela e Grixoa e no contorno do Centro Sociocultural de Marrozos. Investíronse máis de 350.000 euros nestas tres obras.
ALCALDÍA
Paul Daniel será o director titular da Real Filharmonía de Galicia a partir de 2013
O alcalde e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa, fixo pública a decisión de nomear ao británico Paul Daniel director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2013. Sucederá no posto ao mestre Antonio Ros Marbà, titular da Filharmonía dende o ano 2000. Paul Daniel está vinculado á orquestra galega como principal director convidado dende 2007. Ademais, Daniel asumirá a dirección da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, centro docente unido á Real...
VÍAS E OBRAS
A liña 8 do transporte urbano volverá a pasar por Belvís unha vez movido o banco de pedra que impedía o paso dos autobuses
A partir da vindeira semana, o autobús urbano que cobre a liña 8 volverá a pasar por Belvís, como era habitual. Isto é posible tras a nova colocación dos bancos que no seu día se instalaran con motivo da urbanización desta zona.
EDUCACIÓN
O alcalde recibiu os presidentes dos consellos escolares dos gobernos autonómicos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi cos presidentes dos consellos escolares dos gobernos autonómicos.