ALCALDÍA
Compostela, cidade de baloncesto
O proxecto Cidades Adecco chega a Santiago de Compostela co obxectivo de levar o baloncesto a todos e cada un dos recunchos da cidade. Con tal fin, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director corporativo da Federación Española de Baloncesto, Alfonso Seoane, asinaron un convenio de colaboración para fomentar a práctica do baloncesto.
EDUCACIÓN
"El camino de Olaj", de Martín León-Barreto, gaña a cuarta edición do Premio Internacional de Álbums Ilustrados
O xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu o traballo titulado El camino de Olaj, de Martín León-Barreto Johnson (Guadalaxara) coma o gañador desta edición. Nesta cuarta edición do galardón, organizado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da XI Campaña de Animación á Lectura, participaron 375 traballos.
ALCALDÍA
O alcalde convoca os composteláns a dar o seu abrazo agarimoso á Catedral
Na xornada previa ao abrazo á Catedral, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo convocar a todos os composteláns a participar neste acto, que se celebrará o sábado 9 a partir das 13:00 horas.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago ofrece unha recepción aos representantes dos establecementos homenaxeados en 2011
O Concello ofreceu unha recepción a representantes dos comercios distinguidos na convocatoria Homenaxe ao Comercio Compostelán 2011, e de establecementos premiados en programas desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
CONSORCIO
A exposición "Domus Iacobi" amosa as claves da historia e da arte da Catedral
Con motivo do inicio dos actos promovidos dende o Consorcio de Santiago para o oitavo centenario da Catedral de Santiago, o sábado 9 inaugurarase a exposición Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago. Un día antes da apertura, realizouse unha visita para os medios de comunicación ao Colexio de Fonseca, onde se instalou a mostra.