ALCALDÍA
O alcalde pídelle ao Apóstolo Santiago que infunda "esperanza" ás persoas sen emprego
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, realizou a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago coa que se conmemora a translación dos seus restos. O delegado rexio demandoulle ao Santo que interceda para que os responsables políticos sexan eficaces na súa misión de propiciar o progreso socioeconómico dos cidadáns, cun especial recordo aos desempregados e a todos aqueles que pasan por dificultades.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC das Fontiñas cumpre dez anos
O Centro Sociocultural das Fontiñas celebrou o X aniversario da súa inauguración. O programa de actos estivo presidido pólo concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.
SOLIDARIEDADE
Partido solidario en Fontiñas
Os pavillóns de Fontiñas e Pontepedriña acolleron durante catro días o VI Torneo solidario de fútbol sala da campaña benéfica "Operación quilo: un quilo, un sorriso". O evento pechouse cun partido entre membros da corporación, empresarios e representantes sociais da cidade.