ALCALDÍA
Dous novos retratos dos Reis de España, realizados por Rafael Masiá, presiden xa o salón de plenos municipal
O salón de plenos de Raxoi conta xa con novos retratos dos Reis de España, tras ser substituído o cadro anterior por dous realizados polo artista compostelán Rafael Romero Masiá. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presentou os novos lenzos acompañado polo seu autor.
PLENO
Unha ordenanza regulará a actividade publicitaria visible dende os espazos públicos
O Pleno municipal aprobou inicialmente, cos votos favorables do grupo de Goberno e os non favorables de PSdeG-PSOE e BNG, o proxecto de ordenanza reguladora da publicidade e da rotulación en Santiago de Compostela. Esta normativa específica ten como obxectivo fixar medidas protectoras para ámbitos como o casco histórico e fomentar solucións innovadoras para outras partes da cidade.
PLENO
O Concello adoptará medidas de mellora da accesibilidade e creará unha comisión participativa nesta materia
O Concello porá en marcha unha comisión de estudo de accesibilidade participativa e consultiva, segundo se aprobou por unanimidade no Pleno municipal. Ademais, e tal como xa anunciaran previamente en rolda de prensa, as concellerías de Familia e Benestar Social, de Mobilidade e Tráfico, e de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, adoptarán diversas medidas para mellorar as condicións de accesibilidade na cidade.