BENESTAR SOCIAL
Os educadores de rúa seguen a promover a participación comunitaria nos barrios
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, explicou as actuacións que se están a facer no marco do Programa de Educación de Rúa. Na nova edición desta iniciativa e unicamente cun mes de andaina, xa a están a participar unhas 100 persoas só no barrio de Conxo, pero iranse incorporando moitas máis nas vindeiras semanas e en máis barrios como Fontiñas (xa iniciou a fase de captación), Amio, San Lázaro, Ensanche, Santa Marta, Choupana, A Rocha e Volta do Castro.
CIDADE HISTÓRICA
Comezan as visitas arqueolóxicas guiadas á fonte atopada na zona de San Clemente
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou as Visitas Arqueolóxicas Guiadas que se farán á fonte atopada na zona de San Clemente. Fíxoo acompañada da arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro. A fonte atopouse no mes de abril, no transcurso das obras de reurbanización da rúa de San Clemente, a uns dous metros de profundidade e, vista a súa relevancia, a concelleira anunciara que se farían estas visitas explicativas, ás que pode asistir calquera cidadán ou visitante.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto das obras de saneamento en Sarela de Abaixo
A Xunta de Goberno, reunida en sesión ordinaria, aprobou o proxecto e iniciou o proceso de contratación das obras de saneamento en Sarela de Abaixo. Tamén en materia de contratación, prorrogouse tres semanas o prazo de remate das obras da avenida de Castelao e impuxéronse penalizacións por retrasos na actuación na calzada de Santo Antonio.
FESTAS
Mark Knopfler leva os acordes do seu último traballo ao Multiusos de Sar
Celébrase en Santiago o Día de Padrón. A comitiva do consistorio padronés realizará unha visita institucional ao Pazo de Raxoi, onde se levará a cabo unha recepción cos membros do goberno compostelán. Xa pola noite, terá lugar unha das actuacións de maior peso e máis agardadas dentro do programa de festas do Apóstolo, Mark Knopfler.
ALCALDÍA
O ministro de Fomento garante ao alcalde o cumprimento dos prazos nas obras en marcha en Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu en rolda de prensa para indicar que recibiu do ministro de Fomento, José Blanco, o compromiso de que se van cumprir os prazos nas obras en marcha en Santiago. "Ningunha obra se vai retrasar nin sufrir ralentizacións", apuntou.