MOBILIDADE
Destacados expertos debaten en Santiago sobre as políticas de mobilidade
Os días 10 e 11 de xuño vanse celebrar as IV Xornadas de Transporte e Mobilidade, organizadas por TUSSA e o Concello de Santiago. Están enmarcadas dentro dunha Semana do Transporte que comezará coa inauguración, o 9 de xuño, dunha exposición de autocares antigos no paseo central da Alameda.
EDUCACIÓN
O Concello pon en marcha un amplo programa de conciliación para as familias durante o verán
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou o Programa Municipal de Conciliación para as Familias de Compostela. Á Escola de Verán de Inglés, recentemente presentada, e á Cibercaixa de Roxos, súmase a X Edición da Escola Municipal de Verán e o programa de verán do Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela (Figueiras).
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O proxecto Play Nature World gaña o Startup Weekend Galicia
O proxecto Play Nature World, sobre un xogo interactivo (en tempo real) de realidade aumentada conectado a redes sociais, é o gañador do Startup Weekend Galicia. Neste evento celebrado o fin de semana, colaborou a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, a través do programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2010. Baseado no networking e no traballo en equipo, reuniu a 50 persoas con talentos diversos, co obxectivo de, a través dunha idea, crear unha empresa en tan só 48 horas.