PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A aventura en bicicleta de Brais Palmás polos espazos naturais de Europa, recollida nunha exposición na Casa das Asociacións
A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a mostra "Ecos de ruta", que recolle as fotografías realizadas por Brais Palmás nun percorrido en bicicleta polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses. A mostra abrirase ao público o xoves 3 de xuño e o protagonista estará en Santiago para participar nun faladoiro xusto dous días antes de iniciar a súa nova aventura, esta vez por Eurasia e durante tres anos.
MERCADOS E FESTAS
O Concello anima os cidadáns a participar na representación medieval da coroación de Alfonso Raimúndez como rei de Galicia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará o venres 4, ás 12:30 horas, na praza do Toural, a III Feira Medieval, que se prolongará ata o domingo 6. O Concello quere animar a todos os veciños e veciñas a participar do ambiente e das actividades desta celebración e, sobre todo, a unirse cos seus vestidos de época á representación histórica da coroación de Alfonso Raimúndez como rei de Galicia o sábado 5, a partir das 19:00 horas, polas rúas e prazas da Cidade...
EDUCACIÓN
O V Certame de Danza Intercentros leva a escena a 161 escolares con 22 coreografías
O Certame de Danza Intercentros alcanza a súa quinta edición como plataforma de exhibición pública do traballo que no eido da danza se realiza nos centros escolares da cidade. O interese por este xénero artístico medra cada curso, como o demostra o feito de que este ano serán 22 as coreografías representadas, seis máis que en 2009.
EMPREGO
O "Startup Weekend Galicia" ensina como crear unha empresa en 48 horas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias presentou, xunto os organizadores, María Encinar e Iago Soto, o Startup Weekend Galicia. Trátase dun evento de tres días de duración, relacionado co emprendemento e a creación de empresas, no que colabora Promoción Económica a través do programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2010.
CULTURA
Meredith Monk e a danza, protagonistas do calendario cultural de xuño
A concelleira de cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a programación cultural de xuño en Compostela. A oferta inclúe propostas como a de Meredith Monk, que pecha a temporada de Sons da Diversidade, ou o certame Entredanzas.
ALCALDÍA
Compostela, punto de encontro entre a literaturas hispanoamericana e lusófona
Santiago acolle do 2 ao 6 de xuño a III Bienal Literaria Internacional "Libera a palabra", un punto de encontro e debate entre xente da literatura de diversas rexións do mundo. Poetas, novelistas, ensaístas, dramaturgos, xornalistas, críticos, profesores de literatura ou editores reúnense en torno a este evento.