PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Música, teatro, maxia e sardiñas para celebrar a chegada do verán
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presentou a II Festa do Solsticio de Verán, que terá lugar a noite do martes 22 de xuño na Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3). Aproveitando esta celebración, ese mesmo día inaugurarse no mesmo espazo a exposición A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros, que poderá visitarse ata o 30 de xullo.
BENESTAR SOCIAL
Mar Martín denuncia a "incerteza" que sementa a Xunta sobre o futuro das unidades de atención a drogodependentes
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, denunciou o "cambio nas regras do xogo" que pretende realizar a Consellería de Sanidade en relación ás unidades de atención a drogrodependentes. Así, lamentou a modificación do tipo de convenio polo que se financia a parte asistencial destas unidades, a minoración das subvencións e a intención do SERGAS de "deixar aos Concellos a responsabilidade destas unidades asistenciais, contrariamente ao fixado no Plan de Saúde Mental de Galicia".
SEGURIDADE CIDADÁ
A oficina de coordinación do Xacobeo atendeu 26.000 peregrinos en catro meses
A oficina específica habilitada polo Concello para coordinar todos aqueles aspectos da súa competencia neste Ano Santo atendeu 170 peregrinacións nos meses de marzo, abril, maio e no que vai de xuño. En total, prestaron atención a uns 26.000 peregrinos neste período.
DEPORTES
Sorteadas as 20 prazas do Concello para o Campamento Deportivo da Deputación
Vén de celebrarse o sorteo das 20 prazas que lle correspondían ao Concello de Santiago na quenda do Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña realizará no Colexio Calvo Sotelo da Coruña do 25 ao 31 de xullo. Este sorteo foi necesario ao terse inscrito 36 nenos e nenas para o campamento.
CULTURA
Meredith Monk pecha no Auditorio a tempada 2009-2010 de Sons da Diversidade
A compositora, cantante, coreógrafa, autora de nova ópera e directora de películas e instalacións Meredith Monk actuará no Auditorio de Galicia co Vocal Ensemble Quartet, dentro do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura. A cita será o sábado 19 de xuño ás 21:00 horas e ás entradas xa están á venda na billeteira electrónica de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e...
ALCALDÍA
Santiago e Rennes reafirman os seus lazos nos ámbitos da educación e a cultura
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na asemblea extraordinaria da Comisión do Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periférico-Marítimas e da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, conmemorativas dos seus 20 e 10 anos, respectivamente, de cooperación no espazo atlántico, celebradas en Rennes. Aproveitando esta xornada de traballo, Sánchez Bugallo presidiu, xunto ao alcalde de Rennes, Daniel Delaveau, o acto de irmandamento entre as cidades de Rennes e Santiago de Compostela.
CONSORCIO
Aberto o prazo de inscrición do II Concurso "Canteiros no Obradoiro"
O Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción convocan unha nova edición do Concurso Canteiros no Obradoiro, que premia aos mellores canteiros de lousados. Trátase dunha iniciativa vinculada ao programa A pedra que pisas, de mantemento de lousados históricos de Santiago